Despedimos o verán e comezamos novo curso!

Ola amigos e amigas!

A noticia desta semana, é por unha banda un pouco triste, porque toca despedirse do verán, da praia, do sol…e do Cuntilín de verán. Pero por outra tamén é alegre porque comezamos o curso escolar e con el o Cuntilín polas tardes.

Rematamos o verán realizando xogos á carta, diferentes obradoiros de reciclaxe e xogos musicais. Queríamos despedirnos con unha gran festa de “vehículos” pero o tempo non nos deixou.

Comezamos o curso con moita ilusión. Como adianto, decirvos que a programación promete, está máis ao día que nunca, imos fartarnos de andar! A ver si sabedes a que nos referimos? Aínda así, semanalmente seguiremos realizando os talleres de igualdade, obradoiros de reciclaxe, contacontos, educación para a saúde…e moito máis.

A novidade este curso e que xa non hai turnos de entrada e saída e podemos volver a merendar aquí. Que ganas tíñamos xa de “un pouco de normalidade”. Aínda así, non nos esquecemos que seguimos en pandemia e temos que extremar as precaucións.

Para a semana máis seguirémosvos contando, estade atentos e atentas!

Un saúdo!