NOVO MES, NOVAS ACTIVIDADES

Comezamos o mes de maio no Madrugadorxs Pedrouzos e  diredes, qué acontecerá este mes?Pois….prestade atención que a continuación, vos imos dar un pequeno adianto do que faremos.

Primeiro e como xa é habitual unha vez o mes, montaremos o recuncho científico e recibiremos a nosa científica que virá cargadiña de experimentos e de cousas que ensinarnos e coas cales de seguro aprenderemos moito.

Continuamos coa conmemoración do 17 de maio Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Xela Arias, polo cal as actividades xirarán en torno a esta poetisa galega, primeiro daremos a coñecer a vida desta autora e máis a súa obra a través de pasatempos e rompecabezas, logo convertirémonos en poetisas e poetas escribindo os nosos propios versos e remataremos montando o noso propio recital de poesía.

Seguimos o mes, e aproveitamos que o 18 de maio se conmemora o Día Internacional dos Museos, para promover a súa importancia e a gran riqueza cultural que nos proporcionan.  Por iso é o momento excepcional, para viaxar de forma interactiva por algún dos museos máis importantes do mundo. Logo transformarémonos en pequenas e pequenos artistas creando a nosa propia obra de arte e finalizaremos coa visualización dun filme.

Con todo, non nos podemos esquecer do mix diario de pasatempos, debuxos e lectura. E no caso de que nos sobrara tempo ainda poderiamos argallar algunha actividade máis, asique estade atentas e atentos as noticias semanais nas cales vos informamos do que acontece semanalmente no Madrugadorxs Pedrouzos.