XA SE VEN AS VACACIÓNS!

Chega xuño a O Pino, e con el xa vemos próxima a despedida deste curso 2020/2021. O último mes de curso, temos preto as vacacións, o sol, a praia, a piscina, os campamentos de verán… pero aínda nos quedan moitas cousas por facer!

En  O Pino imos dedicar estes últimos días a facer repaso de todo o que fixemos durante o curso, o que máis nos gustou, o que menos, o que repetiriamos…. o que repetiriamos? e por que non facelo?

Vai ser un mes cargado de emocións e cambios, emoción por esas vacacións, polo que nos espera este verán, emoción polo curso que deixamos atrás, as cousas que botaremos de menos ( ou aquelas que non tanto) e por iso non sabemos que vai pasar con estes días que nos quedan, porque… quen pode dominar as emocións?

E cambios porque, ademais do xa mencionado fin de curso, non podemos esquecernos de que o día 20 diremos adeus á primavera e ola ao verán.

Un xardín florido, un proxecto estival, un paseo polo recordo… queremos facer tantas cousas este mes, que non sabemos se nos chegarán os días!