XA SE ACHEGA O VERÁN!
Comezamos a recta final do curso escolar e estamos ás portas do verán, por iso andamos máis revolucionados do normal. Sobre todo, os días de bo tempo, que nos fan ter aínda máis ganas de que chegue a nova estación!
Este mes ímonos centrar principalmente na preparación do festival, que debido a actual situación, será diferente aos outros anos, pero xa vos contaremos máis chegado o momento.
Como sempre, tamén realizaremos as nosas actividades habituais unha vez á semana como son contacontos, talleres de igualdade, expresión corporal, just dance…
En canto a días importantes para conmemorar, este mes está o “Día do medioambiente”, que se celebra o 5 de xuño. Realizaremos diferentes talleres sobre a reciclaxe, como darlle unha segunda oportunidade aos materiais de refugallo, etc.
E non nos esquecemos do estudo dos máis maiores, que como estamos a finais de curso, están traballando máis que nunca.
Para saber máis estade atentos e atentas ás noticias semanais!
Un saúdo!