TEOESPERA

Este ano, como todos e todas sabedes, tocounos afrontar un curso totalmente diferente ao que estabamos acostumados, debido a situación que estamos a vivir. Dita situación trouxo consigo moitos cambios e innovacións. Unhas destas é o servizo de espera no colexio dos Tilos.

Este servizo foi creado para poder axudar as familias coa conciliación. É un programa que se leva a cabo ao remate das clases ata as 15:30, onde os nenos e nenas esperan, levando a cabo diversas actividades, a que veñan a recollelos os seus pais e nais.

Estas actividades que se levan a cabo están centradas no xogo, para o maior desfrute dos máis pequenos e pequenas. Tamén queremos destacar que intentamos, cada vez que o tempo nolo permite, que estes xogos se realicen no exterior para diminuír calquera risco.

E agora que xa vos contamos así moi resumidiño en que consiste este servizo querémosvos contar cales son as actividades ou xogos favoritos dos nosos e nosas participantes, xa que despois de tantos meses de curso temos moi claro que todo o que sexa correr e liberar enerxía encántalles! O escondite triunfa pero tamén o fan moito as carreiras, pintar ou o arcado.

E isto é todo por esta semana, seguirémosvos contando cousiñas nos próximos días. Feliz semana!