Así celebrouse o Entroido en época de COVID
O Concello da Estrada entregou os premios do concurso de disfraces en liña do Entroido 2021.
Participaron familias de conviventes e pertencentes A Estrada subindo a súa foto ou vídeo ao perfil de facebook habilitado para esta actividade.
O xurado quixo valorar a elaboración e orixinalidade do disfrace e da presentación por iso os catro gañadores/ as son:
Entroido en época de pandemia
Os habitantes de Arbo non quixeron que a pandemia acabase coa ilusión que conleva disfrazarse. Xa que non se puido desfilar todos xuntos, porqué non facelo desde casa, en familia, en parella ou só/a.
Cun pouco de imaxinación e materiais de andar por casa conseguimos sacar os mellores disfraces e, por que non, pasar un bo intre.
Toda este despregamento tamén tenia premio, e os gañadores foron…
Mascarita individual (máis de 12 anos)
Mascarita (menos de 12 anos)
Grupo conviventes
Concurso de disfraces en A Estrada
Pon o teu mellor disfrace, saca unha foto ou vídeo e súbe ó facebook.com/entroidovirtualaestrada e participa no concurso de disfraces de A Estrada. Tes ata o luns 15 ás 15 horas. Non te esquezas de cubrir o modelo de instancia e envíalo a entroidoaestrada@sifservicios.com.
Podes consultar as bases na páxina do Concello de A Estrada ou no facebook habilitado para esta actividade.
Vive o Entroido desde a casa
Se es do Concello de Pontecesures e estas cansa/o de estar sempre na casa e non ter que facer só tes que, buscar pola casa calquera material, facer un disfrace diferente e sacar unha foto ou vídeo.
Envía esa imaxe e a solicitude de participación ó correo habilitado para esta actividade, entroidovirtualpontecesures@gmail.com, tes de prazo ata o 16 de febreiro ás 20 horas e podes gañar un premio no concurso.
Para saber un pouquiño máis entra na páxina do Concello de Pontecesures e bótalle un vistazo ás bases.
Entroido Virtual
O Concello de Arbo está organizando un entroido diferente nunha época diferente que nunca pensamos que nos tocaría vivir. Non podemos xuntarnos fisicamente pero si virtualmente. Poñede o voso mellor disfrace sacade unha foto ou vídeo, tedes ata o 12 de febreiro ás 15 horas para envialo a entroidovirtualarbo@sifservicios.com e poderedes gañar un premio se sodes dos mais votados no facebook do concello.
Se queredes saber un pouco mais desta actividade entrade na páxina do Concello de Arbo.