O Concello da Estrada entregou os premios do concurso de disfraces en liña do Entroido 2021. Participaron familias de conviventes e pertencentes A Estrada subindo a súa foto ou vídeo ao perfil de facebook habilitado para esta actividade. O xurado quixo valorar a elaboración e orixinalidade do disfrace e da presentación por iso os catro gañadores/ as son:
Os habitantes de Arbo non quixeron que a pandemia acabase coa ilusión que conleva disfrazarse. Xa que non se puido desfilar todos xuntos, porqué non facelo desde casa, en familia, en parella ou só/a. Cun pouco de imaxinación e materiais de andar por casa conseguimos sacar os mellores disfraces e, por que non, pasar un bo intre.
Toda este despregamento tamén tenia premio, e os gañadores foron…
Pon o teu mellor disfrace, saca unha foto ou vídeo e súbe ó facebook.com/entroidovirtualaestrada e participa no concurso de disfraces de A Estrada. Tes ata o luns 15 ás 15 horas. Non te esquezas de cubrir o modelo de instancia e envíalo a entroidoaestrada@sifservicios.com.
Se es do Concello de Pontecesures e estas cansa/o de estar sempre na casa e non ter que facer só tes que, buscar pola casa calquera material, facer un disfrace diferente e sacar unha foto ou vídeo.
Envía esa imaxe e a solicitude de participación ó correo habilitado para esta actividade, entroidovirtualpontecesures@gmail.com, tes de prazo ata o 16 de febreiro ás 20 horas e podes gañar un premio no concurso.
Para saber un pouquiño máis entra na páxina do Concello de Pontecesures e bótalle un vistazo ás bases.
O Concello de Arbo está organizando un entroido diferente nunha época diferente que nunca pensamos que nos tocaría vivir. Non podemos xuntarnos fisicamente pero si virtualmente. Poñede o voso mellor disfrace sacade unha foto ou vídeo, tedes ata o 12 de febreiro ás 15 horas para envialo a entroidovirtualarbo@sifservicios.com e poderedes gañar un premio se sodes dos mais votados no facebook do concello.
Se queredes saber un pouco mais desta actividade entrade na páxina do Concello de Arbo.
O día de noite
boa fixemos un obradoiro do amigo invisible en praza Galicia no cal os nenos e
nenas que paseaban pola rúa achegábanse e facían bastón con cortiza para colgar
nas arbores de Nadal que eles quixesen. Estes bastóns ían decorados segundo o
gusto de cada cativo ou cativa, xa que eran eles mesmos os que os pintaban,
debuxaban e mesmo lle poñían o nome.
Con broches de Nadal
Na tarde do 24 de decembro estivemos na praza da II República xunta o parque e ningún neno ou nena que pasaba por diante se podía resistir a parar e facer una chapa de Nadal. Había tres modelos diferentes e querían facer unha de cada. Cada quen que pasaba polo noso obradoiro saia cheo de chapas.
Vilagarcía recicla e crea instrumentos
Nesta xornada fixemos castañuelas con goma eva e tapóns e tamén maracas con tubos de papel hixiénico e arroz, para así poder cantar panxoliñas acompañados de música e aprender que das cousas recicladas poden saír cousas moi útiles e divertidas.
Enchemos as árbores de Nadal de pasta de modelar
Que tarde mais entretida pasamos, non paramos de facer estrelas, botas, bastóns, bonecos de neve e arbores e cada nenos e nena decorábaos ó seu gusto como por exemplo o seu nome, con adornos, facéndolle caras e moitos mais detalles que facía que cada un dos adornos foran especiais e os país e nais encantados e encantadas coa alegría de ter un adorno feito polo seus nenos ou nenas. Que tarde mais divertida!
Xoguetes con materiais de refugallo
Que día mais divertido esta mañá fixemos barcos de cortiza e coches de tubos de papel hixiénico. Todos os nenos e nenas estaban emocionados por facer os seus xoguetes con materiais de refugallo.
Facemos as cartas aos reis
Unha tarde moi intensa xa que só faltaban tres días para que chegaran os Reis Magos e una chea de cativos e cativas acercáronse para vir facer unha carta moi orixinal para despois na casa escribirlla e mandarlla aos Reis para que así veñan cargadiños de agasallos.