Unha vez acabado o campamento de Nadal no Porriño, só queda mirar cara atrás e ver o ben que nolo pasamos entre xogos e manualidades. Ademais, non faltaron a festa de Fin de ano coas súas campás, nin a festa de Reyes coa súa enchente habitual. E para acabar ao grande fómonos de excursión a Valga a ver o seu precioso belén.
Estas
datas deron para moito… Descansamos dos estudos e divertímosnos con gran
variedade de actividades. Entre as máis destacables foron as saídas: fomos ver un espectáculo de maxia “Leo, Leíño” na
Biblioteca Municipal, onde o pasamos moi ben. Realizamos unha visita a Correos,
para asegurarnos de que as nosas cartas foran enviadas a tempo ós Reis Magos.
Ademáis fomos ó parque, aproveitando que non choveu durante este nadal. E como
última saída visitamos o espectacular “Belén” de Valga.
Tamén recibimos algunha que outra
visita no Cuntilín, coma a do Apalpador, que nos veu a contar a súa historia.
Por outro lado, creamos un mural de
nadal e diferentes obradoiros de decoración: árbores de nadal, carta a Papá
Noel, renos, un taller de atuendos de fin de ano, etc.
Non faltou un taller de cociña, no
que elaboramos unhas deliciosas magdalenas.
E rematamos “Cuntilín Nadal” cunha festa de despedida destas mini vacacións, con xogos, merenda e música…
Estas
vacacións de nadal fixéronse moi curtas para nenos e nenas de Dodro, con todas
as actividades que se levaron a cabo no Concilia Nadal. Comezaron o primeiro
día coa visita do Apalpador, quen a través de un entretido contacontos lles foi
ensinando a súa historia.
Visitaron
o Belén de Valga, onde non perderon detalle de todas as escenas que alí se
representan. Coa actuación “Dúas Pícaras Ourensás” desfrutaron da música e o
baile, ademais de recibir algún que outro agasallo de mans dos artistas. Aproveitaron
para comer as súas propias uvas de fin de ano, montando unha pequena festa con
chuches, xogos, música e moito baile…
Na saída a pista de xeo a Santiago (da que
desfrutaron os participantes maiores de sete anos) pasárono en grande, a pesar
do frío; aínda que houbo moitas caídas, só causaron risas e diversión.
Xa
no último día, visitaron o Centro de Día de Dodro. Alí ensináronlle como era o
lugar, escoitaron vellas historias dos maiores, fixeron a súa actuación
cantándolle varias panxoliñas populares as que os maiores tamén ían respondendo
coas súas ,entregáronlle un pequeno agasallo feito por eles mesmos, uns
pequenos xabóns de distintas cores, e tamén recibiron un detalliño feito polos
maiores do centro.
E despois de todo isto, a repoñer forzas para comezar o novo ano!
Outro ano mais temos o Lecer Nadal con moita actividade e xogos. Xogos con
pelota, con música, xogos de mesa, plastilina e pintar / colorear.
Divertímonos con talleres facendo un mural co motivo da árbore do Nadal
pintado coas propias mans.
Por suposto que non puido faltar o Papá Noel que o fixemos móbil e outro
caendo pola cheminea.
Para fin de ano elaboraron unhas máscaras para podelas poñer mentres comemos
as 12 folerpas de millo e o tempo escoitando as badaladas.
Tampouco puideron faltar os regalos que fixemos primeiro debuxándoos,
despois coloreándoos e finalmente pegámoslles boliñas de papel de cores e
algodón.
Como se portaron tan ben, escribímoslles unha carta os Reis Magos, como os
máis pequenos aínda non saben escribir, debuxaron o que lles pediron e
rematando a carta colorearon os Reis Magos.
O último día do campamento, fixemos unha festa de despedida, picando
lambetadas, bailando e xogando.
Despedímonos moi tristes, xa que ninguén quería que rematase, pero a
despedida será só ata que volvamos a coincidir.
Nos talleres de escolaridade de Dodro, as nenas e os nenos continúan coas súas tarefas diarias de facer deberes, traballos da escola, estudar,… Pero tamén aproveitan algo o bo tempo para merendar ao aire libre e xogar un pouco, como estes días que disfrutaron xogando un pouco o brilé.
No concilia de Semana Santa de Dodro as nenas e os nenos disfrutaron moito e fixeron auténticas obras de arte. Tiveron tempo para facer manualidades como o GRattage de Joan Miró e distintos obradoiros donde se sentiron verdadeiros artistas. Tamén aproveitaron para disfrutar un pouco do bo tempo con xogos ao aire libre como o zapatiño inglén e o brilé. Sen dúbida, foron uns días moi divertidos.
Foron catro días cheos de diversión que fixeron que os nenos e nenas do concello o pasaran xenial.
Contacontos, pintura e xogos moitos xogos : xogos de pista, populares, xincanas e cando foi posible xogos o aire libre .
Como vedes estivemos moi entretidos.
A primeira hora entretíñanse con xogos de mesa, contos, plastilina e colorear debuxos de pascua.
Despois iamos a sala de multiusos e alí xogaban libre facendo unha casa e xogar o can e gato e varios xogos.
Como actividade fixemos uns niños cos seus ovos. Coloreamos uns folios a cores polas dúas caras que despois os recortamos con tesoiras especiais para facer de palla para o niño.
Despois coloreamos os ovos, que antes se lavaron moi ben con auga e xabón, algúns quixeron botar purpurina e outros colorealos, despois da pintura base.
Outro día fixemos o niño para o ovo con botellas de plástico, decorámolas con pegatinas en forma de estrelas e círculos brillantes, cando xa estaban listos metemos os ovos xa secos nos nidos.
O día que non facía bo tempo, volvíamos a sala de xogos e xogabamos a esconder obxectos, baile, xogos con aros e as estatuas, todo con música.
O día que fixo bo, saímos ó patio, uns xogaron ao fútbol e outros no parque.