Voltamos un
curso máis coas enerxías renovadas
despois do parón que nos obrigou
a tomar o COVID-19. Tomando todas as precaucións
sanitarias recomendadas de limpeza, ventilación, hixiene,
aforo,… seguimos
realizando as tarefas escolares diarias e
outras actividades de reforzo
para poñernos ao día con todo o
que quedou pendente do curso pasado.
Polo si ou polo non e aproveitando o Samaín tanto en Imo como en Teaio invocamos aos espíritos con esconxuros que o alumunado tivo que realizar para levar ao cole e así botar ao coronavirus ás cunetas!! Tan ben o fixemos que ata un esqueleto visitounos na aula de Teaio. Que medo!!
Decembro foi un mes de
moito traballo, esforzo e nervios para o alumnado do Taller de Escolaridade de
Dodro. Tivemos que facer fronte ás tarefas escolares e ás diferentes probas de
avaliación que superamos con éxito.
Sentíase tamén o nerviosismo no ambiente porque as vacacións de Nadal estaban á
volta da esquina!!
Para relaxarnos un pouco
preparamos unha riquísima receita
de Brownie e para iso seguimos os pasos
indicados na nosa “RECIPE” porque en
Dodro non só sabemos galego e castelán senón tamén inglés.
Para conmemorar as festas
de Nadal non se nos ocorreu mellor forma que crear a nosa propia árbore de
Nadal pero non de calquera forma ou con calquera cousa senón reutilizando
materiais como caixas de zapatos, papeis de agasallo vellos, papel de aluminio
usado, xornais, envases de iogures… É que en Dodro puxémonos as pilas para
coidar o medio ambiente cumprindo coas 3R (Reducir, Reutilizar e Reciclar ).
Aprendemos ademais a facer bólas e estrelas de papel para decoralo. Cada persoa
tivo a oportunidade de decorar a súa propia caixa de zapatos achegándolle o seu
estilo e gusto e non vexades canta creatividade ten este alumnado.
Sentimonos moi orgullosas e orgullosos de como nos quedou a nosa orixinal árbore de Nada!e queremos compartir convosco unha foto! Que opinades? Chulo, non?
No Taller de Escolaridade no Concello de Dodro non
paramos!! Que se tarefas de clase por aquí, que se exames por alá,…!! Pero de
cando en vez tamén sacamos un pouco de tempo para decorar a Casa da Cultura con
motivo do Samaín, superar antigos retos e por suposto para xogar e aprender
cousas diferentes!
Nestes días alumnas de cuarto de primaria retomaron algún
que outro antigo reto que se resistía ( un quebracabezas de “ Ratatouille”);
reto que conseguiron superalo con éxito e por iso sentímonos moi orgullosos e
orgullosas!! Outros alumnos animáronse a probar con outro quebracabezas, neste
caso de “Os Simpson” e traballando en equipo tamén conseguiron acabalo. Un
aplauso para todos elas e eles!!
Sorprendente foi tamén a aparición dunha “Bolsa
Misteriosa” que escondía obxectos cotiáns que o alumnado tiña que palpar,
adiviñar e logo describir sen nomealos para que o resto das compañeiras e
compañeiros descubrisen de que obxecto tratábase. Non podemos negar que pasamos
un bo intre nunha tarde chuviosa practicando a expresión oral coa “Bolsa
Misteriosa”.
Aínda por riba o noso calendario do mes de novembro
lembrounos unhas cantas datas importantes: os aniversarios de dous dos nosos
alumnos, o Día Universal do Neno e a Nena (20N) e o Día Internacional para a
Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N).
Con motivo do 25N fixemos as nosas tartarugas que
representan aos personaxes do conto «Artur e Clementina» de Adela
Turin e ilustrado por Nella Bosnia. Trátase dunha historia fabulada que
reivindica o rol feminino na sociedade, combate os
estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan
obras sobre coeducación e igualdade. E por suposto tivemos unha charla debate
ao respecto despois de procer á súa lectura.
Non sabemos que cousas novas traeranos o inverno pero irémosvolas contando!!
Co incio do
curso escolar tamén comezamos en Dodro co Taller de Escolaridade para o
alumnado de Primaria. Este ano contamos con 17 nenas e nenos de diferentes
cursos: primiero, segundo, terceiro,
cuarto e sexto de Primaria. A pesar das diferenzas de idades e cursos o
ambiente que se respira neste taller é marabilloso: rapazas e rapaces colaborando,
compartindo momentos de xogo e risas, de amizade, de coidado, de respecto, de agarimo,…
Todos os días traballamos para sacar adiante as
tarefas escolares pendentes e os exames – aínda que estemos ao comezo do curso xa
tivemos algún que outro – pero tamén temos tempo para liberar enerxía bailando
e para relaxarnos coa técnica de Koeppen
e unhas cantas respiracións profundas.
Neste grupo tan heteroxéneo no que contamos con
persoas escritoras, bailarinas e debuxantes,… hai un xogo de destreza que tivo
unha gran acollida: o xogo tipo “ Jenga” ( torre de ladrillos de madeira). Para
aquelas e aqueles que xa acabaron as súas tarefas ou que necesitan uns minutos
de desconexión para coller forzas contamos con múltiples xogos pero este está a
ter un gran éxito entre as persoas asistentes. A pesar de
ser un xogo moi sinxelo achega múltiples
beneficios xa que exercita a concentración e a paciencia ademáis desenvolve a
capacidade de análise así como a toma de decisións.
Foi un comezo de curso emocionante e con novidades do
que vos seguiremos contando cousas que
xa están en proceso e outras pendentes de comezar para que os nenos e as nenas
non só saquen adiante o curso senón que desenvolvan e melloren as súas capacidades
e habilidades como persoas.
O 1 de outubro deron comezo na Casa da Cultura de Dodro os Talleres de Escolaridade. Son clases de apoio e reforzo escolar de luns a venres, de 16 a 19 horas para o alumnado que curse primaria.
Nos talleres de escolaridade de Dodro realizamos un pequeno debate sobre os incendios: como previlos, as súas causas, consecuencias, medios que se mobilizan para extinguilo,… E ao rematar fixeron un debuxo sobre o tema. Tratamos este tema polo interese das nenas e nenos motivado polo incendio que afectaron a este concello e a o de Rianxo.
Nos talleres de escolaridade de Dodro continuamos traballando todas as tardes para acadar uns bos resultados académicos: realizando esquemas, resúmenes, facendo deberes, ditados,… Acompañado todo eso de actividades lúdicas e de momentos de distensión como o da merenda.
Nos talleres de escolaridade de Dodro, as nenas e os nenos continúan coas súas tarefas diarias de facer deberes, traballos da escola, estudar,… Pero tamén aproveitan algo o bo tempo para merendar ao aire libre e xogar un pouco, como estes días que disfrutaron xogando un pouco o brilé.
Nos talleres de escolaridade de Dodro as nenas e os nenos continúan a traballar diariamente realizando as distintas tarefas escolares. Pero tamén teñen tempo para repoñer forzas coa merenda e aproveitar un pouco o bo tempo.