AS LENDAS

Non todos os nenos sabían o que era unha lenda, mais agora na Aula Concilia de Mesía, si o saben.

Esta semana comezamos unha nova actividade semanal que se chama: “As nosas lendas”.

 A partir de agora, unha vez a semana, a monitora  contaralles unha lenda e os nenos farán un debuxo do que entenderon da mesma.  Así, todos aprendemos xogando!!!!!

Clases de reforzo en Valga!

O pasado 19 de febreiro deuse comezo a unha clases de reforzo para os nenos e nenas de Valga de luns a venres. A tarde dividiuse en dúas franxas horarias, unha primeira de 4 a 5 na cal acoden os nenos e nenas de menor idade e outra franxa , de 5 a 7 dedicada os nenos e nenas de maior idade.

Nestas clases o alumnado preparou exames e realizou as tarefas diarias que deben facer na  casa. Ademais diariamente reforzamos aqueles contidos que lle resultan máis complexos a cada neno ou nena.

Con motivo do día internacional da muller o venres 15 de marzo, xuntámonos ambos grupos e coa axuda de Beti a bibliotecaria do auditorio e do concello tivemos a sorte de realizar a lectura colectiva do libro “Cuando las niñas vuelan alto”  e compartimos o que aprendemos ou reforzamos sobre as mulleres na sociedade e dos pasos que nos quedan por dar para conseguir a igualdade.

Coa avaliación do segundo trimestre realizada, só nos queda traballar moito para seguir acadando bos resultados! 

Continuamos cos talleres de estimulación cognitiva e memoria en Cuntis.

Neste pasado mes de Febreiro traballamos estes campos a través de diversas actividades, sempre tratando de manter o interese das e dos asistentes, mantendo un enfoque de traballo interactivo e cooperativo, sempre tratando de crear un atractivo a través dunha ampla variedade de actividades.

Nas últimas semanas, traballamos as capacidades lingüísticas dos participantes a través de actividades escritas como a busca de palabras entre unha mestura de letras, ou como a conexión de palabras relacionadas, sinónimos ou antónimos; traballamos estas capacidades tamén de xeito oral fomentando así un traballo de maior de axilidade mental ao ter que dar unha resposta máis rápida e carecer de axudas como pode supoñer o ter as palabras escritas.

Traballamos tamén a concentración e atención a través de exercicios nos que se dispoñían unha serie de instrucións que os asistentes a estes talleres debían plasmar no papel.

Dun xeito máis distendido, buscamos exercitar a memoria a corto prazo, a atención e a concentración, así como o razoamento e a lóxica a través do xogo “Quen son?”, no que a través de preguntas aos demais compañeiros e compañeiras, cada un dos integrantes do grupo debía adiviñar que animal era.

8M en Aula Concilia Mesía

Os nenos en nenas do servizo de Madrugadores do Concello de Mesía, con motivo do 8 de Marzo, fixeron unha asemblea na que coñeceron de primeira man a historia deste gran dia da Muller.

Nel, nenos e nenas puxeron en común as distintas propostas para conmemoralo e como axudarían a que non houbera desigualdades entre homes e mulleres.

Para rematar dita asemblea, os nenos fixeron unha postal co lema de: “Todo o que se fai se non se ve é como se non se fixera” .

Bravo por todas as mulleres do mundo!!!