CUNTILÍN NADAL

Un ano máis, Cuntilín  Nadal volveu para pasalo ben durante estas vacacións escolares de inverno. Non tivemos tempo a aburrirnos e realizamos gran variedade de actividades: obradoiros creativos e de reciclaxe nos que creamos un mural, a Rodolfo o Reno,  a Papá Noel e incluso  unha cidade de Nadal de plastilina.

Non faltaron as festas, como a de “Fin de Ano” (con photocall, música e, como non, na cal tomamos as “uvas” ó son das campanadas) e a “Festa de disfraces” coa que despedimos este campamento.

Pero hai que destacar que unha das actividades preferidas dos nenos e nenas foi un obradoiro de cociña, no que elaboramos unhas casiñas con galletas de xenxibre , que quedaron moi bonitas, pero ademais estaban deliciosas!

Con moita  ilusión escribiron a carta ós Reis Magos de Oriente, non só pedíndolle cousas materiais senón tamén algún que outro desexo importante para estos tempos nos que nos atopamos.

Os contos e os xogos foron tamén parte imprescindible para desfrutar destas datas.

Ata  aquí o máis salientable destos días. Ata a próxima!