Reis Magos en época de COVID-19

Non se poden celebrar estas datas como se quixera pero os nenos e nenas de Padrón non poden quedar sen pedirlle o seu agasallo ós Reis Magos.

Está todo listo para que pasen a visitar ó seu rei favorito de forma individual ou ben por unidade familiar.

Obradoiros de Nadal en Vilagarcía

O amigo invisible

O día de noite boa fixemos un obradoiro do amigo invisible en praza Galicia no cal os nenos e nenas que paseaban pola rúa achegábanse e facían bastón con cortiza para colgar nas arbores de Nadal que eles quixesen. Estes bastóns ían decorados segundo o gusto de cada cativo ou cativa, xa que eran eles mesmos os que os pintaban, debuxaban e mesmo lle poñían o nome.

Con broches de Nadal

Na tarde do 24 de decembro estivemos na praza da II República xunta o parque e ningún neno ou nena que pasaba por diante se podía resistir a parar e facer una chapa de Nadal. Había tres modelos diferentes e querían facer unha de cada. Cada quen que pasaba polo noso obradoiro saia cheo de chapas.

Vilagarcía recicla e crea instrumentos

Nesta xornada fixemos castañuelas con goma eva e tapóns e tamén maracas con tubos de papel hixiénico e arroz, para así poder cantar panxoliñas acompañados de música e aprender que das cousas recicladas poden saír cousas moi útiles e divertidas.

Enchemos as árbores de Nadal de pasta de modelar

Que tarde mais entretida pasamos, non paramos de facer estrelas, botas, bastóns, bonecos de neve e arbores e cada nenos e nena decorábaos ó seu gusto como por exemplo o seu nome, con adornos, facéndolle caras e moitos mais detalles que facía que cada un dos adornos foran especiais e os país e nais encantados e encantadas coa alegría de ter un adorno feito polo seus nenos ou nenas. Que tarde mais divertida!

Xoguetes con materiais de refugallo

Que día mais divertido esta mañá fixemos barcos de cortiza e coches de tubos de papel hixiénico. Todos os nenos e nenas estaban emocionados por facer os seus xoguetes con materiais de refugallo.

Facemos as cartas aos reis

Unha tarde moi intensa xa que só faltaban tres días para que chegaran os Reis Magos e una chea de cativos e cativas acercáronse para vir facer unha carta moi orixinal para despois na casa escribirlla e mandarlla aos Reis para que así veñan cargadiños de agasallos.