Vive o Entroido desde a casa

Se es do Concello de Pontecesures e estas cansa/o de estar sempre na casa e non ter que facer só tes que, buscar pola casa calquera material, facer un disfrace diferente e sacar unha foto ou vídeo.

Envía esa imaxe e a solicitude de participación ó correo habilitado para esta actividade, entroidovirtualpontecesures@gmail.com, tes de prazo ata o 16 de febreiro ás 20 horas e podes gañar un premio no concurso.

Para saber un pouquiño máis entra na páxina do Concello de Pontecesures e bótalle un vistazo ás bases.