COMEZAMOS UN CURSO MÁIS NO TALLER DE ESCOLARIDADE DO CONCELLO DE DODRO.
Voltamos un curso máis coas enerxías renovadas despois do parón que nos obrigou a tomar o COVID-19. Tomando todas as precaucións sanitarias recomendadas de limpeza, ventilación, hixiene, aforo,… seguimos realizando as tarefas escolares diarias e outras actividades de reforzo para poñernos ao día con todo o que quedou pendente do curso pasado.
Polo si ou polo non e aproveitando o Samaín tanto en Imo como en Teaio invocamos aos espíritos con esconxuros que o alumunado tivo que realizar para levar ao cole e así botar ao coronavirus ás cunetas!! Tan ben o fixemos que ata un esqueleto visitounos na aula de Teaio. Que medo!!