E con decembro chegaron as vacacións de nadal!!
Decembro foi un mes de moito traballo, esforzo e nervios para o alumnado do Taller de Escolaridade de Dodro. Tivemos que facer fronte ás tarefas escolares e ás diferentes probas de avaliación que superamos con éxito. Sentíase tamén o nerviosismo no ambiente porque as vacacións de Nadal estaban á volta da esquina!!
Para relaxarnos un pouco preparamos unha riquísima receita de Brownie e para iso seguimos os pasos indicados na nosa “RECIPE” porque en Dodro non só sabemos galego e castelán senón tamén inglés.
Para conmemorar as festas de Nadal non se nos ocorreu mellor forma que crear a nosa propia árbore de Nadal pero non de calquera forma ou con calquera cousa senón reutilizando materiais como caixas de zapatos, papeis de agasallo vellos, papel de aluminio usado, xornais, envases de iogures… É que en Dodro puxémonos as pilas para coidar o medio ambiente cumprindo coas 3R (Reducir, Reutilizar e Reciclar ). Aprendemos ademais a facer bólas e estrelas de papel para decoralo. Cada persoa tivo a oportunidade de decorar a súa propia caixa de zapatos achegándolle o seu estilo e gusto e non vexades canta creatividade ten este alumnado.
Sentimonos moi orgullosas e orgullosos de como nos quedou a nosa orixinal árbore de Nada!e queremos compartir convosco unha foto! Que opinades? Chulo, non?