MAIO EN TEO MADRUGA

Comezamos Maio, penúltimo mes do curso escolar, con moitísima ilusión e as crianzas coa vista posta xa nas vindeiras vacacións de verán. Este novo mes continuaremos coas actividades programadas, e dedicaremos máis tempo aos xogos no exterior (iso si, sempre que nolo permita o tempo, e con todas as medidas de seguridade).

As actividades centraranse en  dinámicas contra o acoso escolar (2 de maio) e a convivencia en paz (16 de maio); destacará especialmente a celebración do 17 de maio, día das Letras Galegas (dedicado este ano a Xela Arias).

Tal como dixemos con anterioridade aproveitaremos moito tempo de madrugadores para facer xogos no exterior, especialmente xogos tradicionais. Como actividades finais celebraremos o día internacional dos museos (18 de maio) e o día mundial da diversidade cultural (21 de maio), importante por buscar o apoio á diversidade, ao diálogo, inclusión e á cooperación entre as distintas culturas.

Que teñades un estupendo mes de Maio!!!