Agasallando ás nais

Esta semana adicamos o noso tempo a preparar agasallos para as nais dos nenos e nenas de madrugadores de Calo. Este ano tocou facer pulseiras, os maiores reciclando cápsulas de café, e os pequenos/as con “trapillo” e abelorios. O esforzo foi grande pero os resultados moi bos.

image2 image3

Todo o bo remata!

Todo o bo remata, e onte ás 9 da noite ramatou a saída a Ávila e Segovia para os de Frades.

Viaxe de tres días no que tiveron tempo para visitar lugares con historia e tamén degustar productos típicos desa zona.

 

Paseo pola danza

Ao longo desta semana fixemos un pequeno Paseo pola danza, descubrindo a través de diferentes vídeos estilos como: clásica, moderna, folclóricas (irlandesa), tradicional galega, salsa, danza árabe e street dance. Disfrutaron bastante con todos os exemplos.

Tamén aproveitamos pequenos tempos de xogo para coñecer e practicar os seguintes xogos tradicionais: boliche, mikado, canicas, chapas, yo-yo e peonza.

thumb_IMG_8601_1024 thumb_IMG_8605_1024 thumb_IMG_8613_1024