Agasallando ás nais
Esta semana adicamos o noso tempo a preparar agasallos para as nais dos nenos e nenas de madrugadores de Calo. Este ano tocou facer pulseiras, os maiores reciclando cápsulas de café, e os pequenos/as con “trapillo” e abelorios. O esforzo foi grande pero os resultados moi bos.