Paseo pola danza
Ao longo desta semana fixemos un pequeno Paseo pola danza, descubrindo a través de diferentes vídeos estilos como: clásica, moderna, folclóricas (irlandesa), tradicional galega, salsa, danza árabe e street dance. Disfrutaron bastante con todos os exemplos.
Tamén aproveitamos pequenos tempos de xogo para coñecer e practicar os seguintes xogos tradicionais: boliche, mikado, canicas, chapas, yo-yo e peonza.