Decidimos construir un zoo

Despois de moito pensar e logo deste pequeno descanso de semana santa, en Pedrouzos comezaron a facer animais usando nada mais que carton, para logo construir un pequeno zoo. A ver como queda…

20160329_092504 20160329_092511 20160329_092521 20160331_092100 20160331_092107 20160401_092116 20160401_092123

Día do Pai e Pascual en Calo

Durante esta semana fixemos un alto
no noso programa para dúas celebracións importantes.
Cada neno e nena preparou como agasallo un debuxo con plástico máxico que serviu para un chaveiro.
En canto á Pascua, fixemos unha linda cesta de coello con goma eva, ideal para levar á casa uns ricos
bombóns de chocolate.

Excursión a Ávila e Segovia con Frades

ÁVILAO 15, 16 e 17 de abril, o Concello de Frades organiza una excursión a Ávila e Segovia. O prezo da viaxe e de 160€ para os veciños e veciñas empadroados no que inclúe aloxamento, pensión completa e desprazamento o diferentes lugares a visitar.

Lecer Primavera O Pino

Lecer Primavera ’16 comeza o luns 21 no CPI Camiño de Santiago para satisfacer a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar do Concello de O Pino nos días non festivos da Semana Santa.

CARTEL SEMANA SANTA O PINO 2016

II Ruta de tapas por Dodro

COCIÑEIROA partir da tarde de hoxe e durante toda a fin de semana podes achegarte a Dodro e disfrutar das tapas que che ofrecen 8 locais do concello durante a II RUTA DE TAPAS.

Faite cun pasaporte nun dos locais participantes, nas instalacións do concello ou en Servizos Sociais e sélao en 5 establecementos despois de probar a tapa, elixe a que mais che gusta e entrarás nun sorteo de dúas fines de semana nunha casa rural!!

MAPA II RUTA DE TAPAS DE DODRO

  1. Bar Gómez de Teaio
  2. Casa Buela de Imo
  3. Bar Piñeiro de Imo
  4. Bar Xuncos de Imo
  5. Mesón de Bexo de Bexo
  6. Bar Da Silva de Tallós
  7. Casa Pancho de Dodro
  8. Bar Kaprichos de Lestrobe