COMEZAN AS CLASES DE MEMORIA E ENVELLECEMENTO ACTIVO EN DODRO

Este mes déronse comezo ás clases de memoria e envellecemento activo no Concello de Dodro.
A través destas sesións preténdese que as persoas maiores de 60 anos traballen a memoria e diferentes habilidades cognitivas mediante dinámicas, xogos e fichas, gozando ao mesmo tempo dun espazo agradable de interacción e convivencia.

As actividades desenvólvense nas distintas aldeas do concello: Bexo, Lestrobe, Teaio, Tallós, Imo e Traxeito, contando cun total de 48 participantes.

Nas primeiras sesións realizáronse actividades dinámicas de presentación para coñecer mellor ao grupo e valorar o nivel de partida. Unha vez establecidos os grupos, comezouse a traballar con fichas e xogos centrados en matemáticas, linguas, atención e agudeza visual.

Tampouco faltaron momentos para a diversión a través de xogos clásicos como o apalabrados, o memory, o aforcado ou o tabú, que permiten exercitar a mente mentres se comparte un rato agradable en boa compañía.

SERVIZO DE CAMBIADORES

Bos días a todos e todas!, queremos presentarvos un dos servizos que prestamos e que moita xente descoñece, trátase do SERVIZO DE CAMBIADORES, que se realiza dende o comezo do curso escolar ata o remate do primeiro trimestre, neste curso 2025/2026, ata o 19 de decembro.

Préstase este servizo no CEIP a Maia e no CEIP Agro do Muiño aos nenos e nenas de cuarto de educación infantil.

É un servizo que se ofrece aos pais e nais que por diferentes motivos non están dispoñibles durante a xornada escolar para acudir á escola cambiar os pequenos/as se se fan pis. O centro chama á monitora e esta acude a cambialos/as nun máximo de media hora para a súa maior comodidade.

A ESCOLA DE VERÁN DO PINO ABRE AS SÚAS PORTAS!

Xa está aquí, xa chegou, a escola de verán do Pino!! e vén cargada de actividades, música, creatividade e moita, moita diversión!

Xa empezamos a coñecernos e a cousa pinta mellor que ben, e coas ganas que tiñamos de poder xogar todos e todas!

Estamos convencidos e convencidas de que vai ser un verán inesquecible.

Arrincamos motores e en marcha!!

Samaín en O Pino

Este sábado 30 varias ducias de nenas e nenos asistiron á festa de Samaín celebrada no Pavillón Municipal de O Pino.

O concurso de cabazas, obradoiros de samaín e roteiro terrorífico ocuparon tres horas onde os nenos e nenas de O Pino poideron divertirse.

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE EN VILAGARCÍA

A semana Europea da Mobilidade chegou a Vilagarcía e con ela diferentes actividades, sendo a de urbanismo táctico, baixo o lema: “Os nenos e nenas pintan a rúa” unha das de maior éxito.

Na Avenida da Mariña, no tramo paralelo á Praza da Peixería (nova rúa peatonal ) pintouse un “comecocos xigante”. O mítico xogo dos 80 quedará na rúa para que os nenos e nenas poidan baixar a xogar nel, pero para iso, antes era preciso acabar de pintalo, así que todos aqueles e aquelas que se animaron,  fóronlle dando forma con xices de cores.

As actividades remataron con unha charla informal co ciclista vilagarcián Gustavo César Veloso, que aproveitou a ocasión para animar aos nenos e nenas a empregar medios de transporte como a bicicleta.

Se queredes xogar ao comecocos, xa sabedes a onde ir… saíde a rúa!

MARZO EN TEO MADRUGA

Entramos nun novo mes en Teo, marzo, mes que nos levará á primavera, unha das nosas estacións favoritas pola luz, as cores, e a explosión de vida na natureza.

Destacamos a continuación algunhas das  actividades que desenvolveremos neste mes de moita ilusión e cor:

  • Día mundial da Natureza (3 marzo)

queremos fomentar o respecto e a conservación da natureza, o medio ambiente que nos rodea (centrado na fauna e na flora). Se a coñecemos ben, será moito mais fácil coidala, recordade que “se a coidamos, coidamos o presente e o noso futuro”.

Leer más

De xincana lingüística por Cuntis

O sábado 18 de maio, no pobo de Cuntis non houbo tempo de aburrirse. Durante as máis de dúas horas de xincana dous grupos de cativas e cativos, máis concretamente “As Ninguén” e “Os Pendellos” tiveron que facer probas, probas e máis probas, para conseguir un suculento premio, e nas cales todo o pobo lles axudou.

Final do curso de conservas

Hoxe rematou o curso de conservas do Concello de Dodro. Foron só dúas tardes pero xornadas moi intensas na que se aprendeu pero tamén se disfrutou.

Curso de conservas en Dodro

Onte foi o primeiro día do curso de conservas, vémonos para o sábado 24 de 16:30 a 19:30 horas no local social de Imo.

Xornada de Intercambio

As persoas participantes nos Talleres de Memoria e Alfabetización de Adultos do Concello de Dodro, disfrutaron este venres da II Xornada de Intercambio xunto co alumnado de Meis.

Pola mañá, tivemos a oportunidade de falar sobre a actividade que desenvolven nas aulas, de presentar a realidade de ambos concello, etc.

A continuación, visitaron xuntos os lugares máis emblemáticos do municipio dodrense.

Xa para rematar, que mellor forma de facelo que compartir xantar, e sobre todo compartir moita música e moito baile.

Un día diferente e intenso de intercambio de experiencias.