Entradas

🗞 OS NENOS E NENAS DE FRADES DESFRUTAN DUN CAMPAMENTO CHEO DE AVENTURAS ⭐🎄

Os nenos e nenas de Frades desfrutaron dun campamento moi especial no que a diversión e a imaxinación foron as grandes protagonistas 😄✨. Ao longo destes días, tiveron unha misión moi importante: recuperar e xuntar as pezas da Estrela do Nadal perdida ⭐🧩.

Para conseguilo, participaron en diferentes probas, xogos e retos 🏃‍♂️🤸‍♀️🧠, nos que tiveron que traballar en equipo 🤝, superar desafíos 💪 e demostrar enxeño e compañeirismo ❤️.

Como broche final ao campamento, celebramos unha espectacular gala post Fin de Ano 🎊🥳, chea de agasallos e sorpresas 🎁✨. Un dos momentos máis especiais foi a colaboración dos nosos amigos de Casa Grande de Xanceda, que nos agasallaron a todos cos seus deliciosos produtos 🐄🥛🍪, facendo aínda máis doce e inesquecible esta despedida.

Foi unha experiencia inesquecible, chea de ilusión 🌟, aprendizaxe 📚 e momentos para lembrar 📸😊.

ESTIMULACIÓN COGNITIVA A DOMICILIO NO CONCELLO DE FRADES

O Concello de Frades continúa co taller de estimulación cognitiva a domiciliodirixido a persoas con deterioro cognitivo leve e moderado, que puxo en marcha no ano  2023 co obxectivo de mellorar o seu benestar e manter as capacidades mentais o maior tempo posible.

As sesións, realizadas nos propios fogares, permiten unha atención individualizada, adaptada ás necesidades de cada persoa, traballando a memoria, a atención, a linguaxe e o razoamento, entre outras habilidades.

Unha iniciativa que aposta pola calidade de vida, o envellecemento activo e o apoio ás familias.

SIF DESENVOLVERÁ PROGRAMAS LÚDICOS DE NADAL EN NOVE CONCELLOS GALEGOS

Con motivo das vacacións de Nadal, SIF poñerá en marcha unha nova edición dos seus programas lúdicos e educativos, dirixidos a nenos e nenas co obxectivo de ofrecer alternativas de lecer creativo e participativo durante estas datas tan sinaladas e especiais para a cativada.

As actividades levaranse a cabo nos concellos de Vilagarcía de Arousa, O Pino, Arbo, Avión, Mesía, Cuntis, Frades, Pontecesures, As Neves e Teo, para facilitar a conciliación familiar durante o período vacacional.

Durante este Nadal desenvolveranse catro programas lúdicos, adaptados a diferentes idades e realidades locais:

  • Exploradores do saber, unha proposta centrada na aprendizaxe a través do xogo, da curiosidade e da experimentación.
  • Desexos de Nadal, un programa de actividades creativas e dinámicas grupais que convida a reflexionar e compartir os valores propios do Nadal.
  • A viaxe das emocións, orientado ao desenvolvemento emocional, á expresión de sentimentos e á convivencia positiva.
  • Escape room: Salvemos o Nadal, unha actividade participativa e cooperativa na que as persoas participantes deberán resolver retos e enigmas para superar unha misión moi especial.

Todas as actividades estarán dinamizadas por monitores e monitoras cualificados, garantindo unha contorna segura, inclusiva e adaptada ás necesidades de cada grupo. Desde SIF apóstase por un modelo de lecer educativo que combine diversión, aprendizaxe e transmisión de valores como o respecto, a igualdade e o traballo en equipo.

Este Nadal, como en anos anteriores, SIF continúa apostando por un lecer que educa, conecta e crea comunidade.

TALLER DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA A DOMICILIO NO CONCELLO DE FRADES

Remata unha nova edición do taller de estimulación cognitiva destinado a persoas con deterioro cognitivo leve ou moderado do concello de Frades. Este programa, desenvolvido nos propios domicilios, ofreceu intervencións individuais e personalizadas, adaptadas ás necesidades específicas de cada participante. Durante as sesións traballáronse unha ampla variedade de habilidades cognitivas como a memoria, as funcións executivas, a linguaxe, o razoamento lóxico, a atención e a visoconstrucción, entre outras, co obxectivo de manter e potenciar as capacidades mentais o maior tempo posible. Agradecemos a participación e colaboración das familias. Desexámoslle a todas un feliz verán e reafirmamos o noso compromiso co benestar e a saúde cognitiva para o vindeiro curso.

Día da Muller, 8M

Pasou o 8M e moitos concellos quixeron poñer o seu graíño de area para seguir loitando polo Igualdade.

O Concello de O Pino, co alcalde á cabeza, fixo a lectura do manifesto e centrouse no comercio para esta campaña.

No Concello de Valga saíron á rúa cunha Andaina da Muller e para os mais pequenos, coa maga Leo Leiño disfrutaron da Maxia pola Igualdade.

En As Neves, visitáronse os diferentes coles para concienciar dende pequeniños con dinámicas e contacontos.

En Cuntis, a lectura do manifesto e o encontro interxeneracional dou inicio ás actividades que se están a celebrar acabando o sábado 15, na Casa do Médico cunha charla dirixida a adolescentes.

No Concello de Frades, ó igual que en outros concellos como o de Avión rematáronse as actividades con reparto de diferente material de merchandising.

25N en Frades

Polo 25N do 2024, o concello de Frades, realizou un Scape Room para poñer en valor a identidade de mulleres importantes da historia de Galicia. O alumnado do CPI Ponte Carreira de 3º de Primaria ata 4º da ESO pasou un tempo entretido ó mesmo que conmemorou o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Por outra banda tamén se repartiu Merchandising entre a cativada.

INTRODUCIÓN Ó ICTUS

O venres 22 de novembro ofreceuse unha charla informativa sobre o ICTUS, unha enfermidade cerebro-vascular no local social do Vedral en Abellá, concello de Frades.

No tratamento do ictus é fundamental tratar de restaurar o fluxo cerebral o antes posible, posto que basta con que pasen poucas hora dende o inicio do ictus para as lesións que se producen sexan irreversibles. Todo isto e mais cousas foron as que se trataron nesta charla para a veciñanza do concello. Asistiron 28 persoas.