Lecer Primavera O Pino
/en Sin categoría /por Sif ServiciosLecer Primavera ’16 comeza o luns 21 no CPI Camiño de Santiago para satisfacer a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar do Concello de O Pino nos días non festivos da Semana Santa.
II Ruta de tapas por Dodro
/en Sin categoría /por Sif ServiciosA partir da tarde de hoxe e durante toda a fin de semana podes achegarte a Dodro e disfrutar das tapas que che ofrecen 8 locais do concello durante a II RUTA DE TAPAS.
Faite cun pasaporte nun dos locais participantes, nas instalacións do concello ou en Servizos Sociais e sélao en 5 establecementos despois de probar a tapa, elixe a que mais che gusta e entrarás nun sorteo de dúas fines de semana nunha casa rural!!
- Bar Gómez de Teaio
- Casa Buela de Imo
- Bar Piñeiro de Imo
- Bar Xuncos de Imo
- Mesón de Bexo de Bexo
- Bar Da Silva de Tallós
- Casa Pancho de Dodro
- Bar Kaprichos de Lestrobe
Remataron as xornadas nos coles de Melide
/en Sin categoría /por Sif ServiciosCo CEIP Nº 1 deron por finalizadas as xornadas para conmemorar o Día Internacional da Muller. Diferentes probas e postos relataron aos/as menores a necesidade de visualizar o papel da muller ao longo da historia e tamén na sociedade actual.
Habilidades Sociais e Educación Emocional
/en Sin categoría /por Sif ServiciosEsta semana pasada remataron, no CPI Ponte Carreira, unha serie de charlas sobre habilidades sociais e educación emocional onde o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO puideron aprender a importancia de expresar os sentimentos entre outras cosas.
«Unha muller na miña vida»
/en Sin categoría /por Sif ServiciosPlasma por escrito unha frase ou sentimento que provoque na túa vida a relevancia dunha figura feminina e entrégaa entre o 13 e o 23 de marzo nos lugares habilitados para esa labor e poderás se o gañador ou gañadora dun dos premios do concurso.
Encontro de mulleres de Melide
/en Sin categoría /por Sif ServiciosDeporte, relaxación, dinámicas grupais, intercambio de experiencias… foron algunhas das iniciativas nas que participaron o pasado sábado 35 mulleres melidenses, nas instalacións do Balneario Río Pambre. Así, a «Xornada de Respiro en Igualdade» combinou accións formativas e de empoderamento feminino con actividades lúdicas que facilitaron a deconexión e o coidado.
Concurso fotográfico «Un día con Papá»
/en Sin categoría /por Sif ServiciosPor que un pai merece o mellor, en Padrón, celébrase este día cun concurso fotográfico.
Xornadas de Respiro en Igualdade
/en Sin categoría /por Sif ServiciosContinuando coas actividades para celebrar o Día Internacional das Mulleres, en Melide, este sábado 12 ten programado una saída para as mulleres.
Día Internacional da Muller co CEIP Martagona (Melide)
/en Sin categoría /por Sif ServiciosO Concello de Melide quere conmemorar o Día Internacional da Muller cunha serie de actividades durante a vindeira semana.
Hoxe comezamos a traballar co alumnado de infantil e primaria do CEIP Martagona.