Paseo pola danza

Ao longo desta semana fixemos un pequeno Paseo pola danza, descubrindo a través de diferentes vídeos estilos como: clásica, moderna, folclóricas (irlandesa), tradicional galega, salsa, danza árabe e street dance. Disfrutaron bastante con todos os exemplos.

Tamén aproveitamos pequenos tempos de xogo para coñecer e practicar os seguintes xogos tradicionais: boliche, mikado, canicas, chapas, yo-yo e peonza.

thumb_IMG_8601_1024 thumb_IMG_8605_1024 thumb_IMG_8613_1024

Semana de Danzas do Mundo en Calo.

Esta semana coñecemos músicas típicas de varias zonas (Rusia, Sáhara, India e Nova Zelanda). Como non tivemos moito tempo para preparar unha danza, traballamos dinámicas de improvisación e expresión corporal.
Os pequenos e pequenas nesta ocasión preferiron a música e baile de Mamá Cabra.
image1-8 image2-7 image3-6

Decidimos construir un zoo

Despois de moito pensar e logo deste pequeno descanso de semana santa, en Pedrouzos comezaron a facer animais usando nada mais que carton, para logo construir un pequeno zoo. A ver como queda…

20160329_092504 20160329_092511 20160329_092521 20160331_092100 20160331_092107 20160401_092116 20160401_092123

Día do Pai e Pascual en Calo

Durante esta semana fixemos un alto
no noso programa para dúas celebracións importantes.
Cada neno e nena preparou como agasallo un debuxo con plástico máxico que serviu para un chaveiro.
En canto á Pascua, fixemos unha linda cesta de coello con goma eva, ideal para levar á casa uns ricos
bombóns de chocolate.

Excursión a Ávila e Segovia con Frades

ÁVILAO 15, 16 e 17 de abril, o Concello de Frades organiza una excursión a Ávila e Segovia. O prezo da viaxe e de 160€ para os veciños e veciñas empadroados no que inclúe aloxamento, pensión completa e desprazamento o diferentes lugares a visitar.