Entradas por Sif Servicios

Teatro, reciclaxe e debuxo

Esta semana en Calo estamos a preparar pequenas obras de teatro para facer con marionetas. Pouco a pouco, en grupos ou individualmente, están a crear historias que desenvolverán na súa totalidade (personaxes, diálogos, creación de marionetas, decorados…). Na recta final do curso estes rapaces de Pedrouzos aínda teñen ganas de traballar. Así e que esta […]

Taller de Costura Medieval

Onte comezaron en Padrón un Taller de Costura Medieval para que na próxima Feira Medieval se poidan lucir os traxes feitos polas nosas mans. O taller será os sábados 11, 18 e 25 de xuño e 2 de xullo. Esta actividade é GRATUITA.

Chegou o verán!!!

E tanto que chegou. Os nenos e nenas de Pedrouzos prepararon un mural representando a praia, que xa lle vai apetecendo. Ademais divertíronse e ríronse a mais non poder xogando ás carreiras e ás imitacións. En Calo, facendo unha pausa do teatro, adicamos esta semana aos xogos favoritos dos nenos e nenas. Moitos foron os […]

A actividade pinCela chegou ó seu fin

Remata o mes de maio polo tanto tamen a actividade pinCela os venres en Padrón. Ó longo destes catro venres do mes, os máis pequenos e pequenas da casa, poideron coñecer algunhas obras de Camilo José Cela por medio de obradoiros e xogos.    

Despedimos maio nos coles

En esta semana deixaron voar a sua imaxinacion en Pedrouzos, resultando uns debuxos ben particulares. Ao longo desta semana representamos as pequenas obras de Teatro de Sombras que crearon os nenos e nenas de Calo. Foron catro historias, algunhas máis longas, outras menos, pero que traballaron eles ao cen por cen. Noraboa a todo e todas.

Sombras e monicreques

Esta semana en Calo tocou «Teatro de sombras». Fixemos diversos grupos de traballo, e logo de ver un pequeno exemplo deste teatro, cada grupo está elaborando a súa pequena obra. Estamos polo tanto a crear historias, personaxes….., é dicir, creatividade ao máximo; os resultados  poderedes velos a vindeira semana.   Hai que ver como se […]

A semana pasada…

Como se achega este día tan importante na nosa comunidade, en Pedrouzos comezaron a elaborar un mural no que van a reflexar unha morea de palabras galegas. Esta semana en Calo continuamos cos xogos de teatro. Por grupos representaron diferentes accións (un día de excursión, voando no avión…), imitaron diferentes animais…e todo con mímica. Tamén, como […]

Camilo José Cela

Hoxe conmemórase o centenario do nacemento de Camilo José Cela. Para que os máis pequenos e pequenas poidan coñecer a súa obra, hai preparados obradoiros e xogos durante todos os venres do mes de maio. Os actividades están abertas a todos e todas aquelas que se acerquen a Rúa Tetuán (en fronte ao parque infantil) […]