Entradas por Sif Servicios

Decidimos construir un zoo

Despois de moito pensar e logo deste pequeno descanso de semana santa, en Pedrouzos comezaron a facer animais usando nada mais que carton, para logo construir un pequeno zoo. A ver como queda…

Día do Pai e Pascual en Calo

Durante esta semana fixemos un alto no noso programa para dúas celebracións importantes. Cada neno e nena preparou como agasallo un debuxo con plástico máxico que serviu para un chaveiro. En canto á Pascua, fixemos unha linda cesta de coello con goma eva, ideal para levar á casa uns ricos bombóns de chocolate.

Excursión a Ávila e Segovia con Frades

O 15, 16 e 17 de abril, o Concello de Frades organiza una excursión a Ávila e Segovia. O prezo da viaxe e de 160€ para os veciños e veciñas empadroados no que inclúe aloxamento, pensión completa e desprazamento o diferentes lugares a visitar.

Lecer Primavera O Pino

Lecer Primavera ’16 comeza o luns 21 no CPI Camiño de Santiago para satisfacer a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar do Concello de O Pino nos días non festivos da Semana Santa.

II Ruta de tapas por Dodro

A partir da tarde de hoxe e durante toda a fin de semana podes achegarte a Dodro e disfrutar das tapas que che ofrecen 8 locais do concello durante a II RUTA DE TAPAS. Faite cun pasaporte nun dos locais participantes, nas instalacións do concello ou en Servizos Sociais e sélao en 5 establecementos despois […]