Chegou o verán!!!
E tanto que chegou. Os nenos e nenas de Pedrouzos prepararon un mural representando a praia, que xa lle vai apetecendo. Ademais divertíronse e ríronse a mais non poder xogando ás carreiras e ás imitacións.
En Calo, facendo unha pausa do teatro, adicamos esta semana aos xogos favoritos dos nenos e nenas. Moitos foron os xogos: brilé, polis e cacos, pilla… bonecos, xogos de mesa…, moita variedade e diversión.