CURSO DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL EN CALDAS DE REIS

Está a piques de terminar o curso de alfabetización dixital impartido en Caldas de Reis unha vez por semana durante os meses de maio, xuño e xullo.

Nel, os nosos maiores tiveron a oportunidade de achegarse un pouco máis ás TIC e aprender ou perfeccionar o uso de aplicacións básicas de uso diario e estendido, como o correo electrónico, o WhatsApp ou a aplicación do SERGAS.

Durante o tempo que durou este curso, ofreceuse un espazo próximo e distendido no que aprender de forma amena e agradable e brindarlles un pouco máis de autonomía á hora de empregar as mencionadas TIC.

Esperando alcanzar o obxectivo, só queda agradecer a asistencia, ademais do agarimo e o esforzo demostrado ao longo destes tres meses.

Parabéns!