Retorno da excursión de Madrid e Toledo da xente de Frades

Pasou o día e pasou a romaría, un centenar de persoas de Frades visitaron este fin de semana Madrid e Toledo.

Partiron o venres sobre as 7:30 da mañá e despois de facer varias paradas para estirar as pernas e comer, chegaron a Madrid onde fixeron unha ruta turística en bus baixando en lugares emblemáticos da capital.

O sábado houbo unha división no grupo, mentres que uns querían adrenalina e aventura os outros querían tranquilidade. O primeiro grupo pasou o sábado no Parque de Atraccións da Warner e o resto visitou pola mañá o Museo Naval e pola tarde percorreron a cidade de Toledo coa axuda do tren turístico e tamén cunha visita guiada. De  volta a Madrid, non se pode deixar de ver a Porta do Sol.

O domingo, xa todos xuntos, pola mañá tocou visitar o Parque do Retino e o Rastro e despois de comer tocou coller camiño de volta ó Concello de Frades.

+ FOTOS

Excursión Madrid – Toledo de Frades

madrid-puerta-alcalaO Concello de Frades organiza unha excursión a Madrid e Toledo o 16, 17 e 18 de setembro cun prezo de 160€ para os empadroados (menores de 12 anos, 120€) e 185€ para os non empadroados (menores de 12 anos, 145€).

As 7:30 da mañá os autobuses farán un percorrido polas paradas habituais das distintas paradas do concello para recoller a xente.

Parada para comer de camiño á capital.

img_8618-3As 16 horas, visita turista por Madrid.

O sábado, teñen a opción de elixir que facer duranto todo o día, ou visitar o Parque Warner de Madrid ou ben acercarse ata a cidade de Toledo.

O domingo pola mañá coñecer o Parque do Retiro.

Ao medio día, comida e saída para Frades.