Concilia Padrón

O CONCILIA PADRÓN REMATOU O 31 DE XULLO

Esta última semana estivo marcada polos cambios no tempo. Tivemos días de choiva, nos que realizamos manualidades e xogos de interior; pero tamén tivemos días de sol que nos permitiron desfrutar de xogos no Xardín Botánico, no parque, facer unha visita ao Pedrón e o último día despedirnos con moitos xogos de auga!  En este mes coñecemos novas amizades, xogamos moito, descubrimos cousas novas da nosa vila, convertémonos en detectives, desfrutamos de visitas teatralizadas e espectáculos de maxia… pero sobre todo pasámolo moi xenial con todos e todas.

COMEZAMOS A SEGUNDA QUENDA

Esta semana foi unha semana marcada polas de novas incorporacións. Tivemos moitas saídas nas que aprendemos e sorprendémonos moito. Coñecemos a Biblioteca municipal, a Casa do Concello, visitamos a vila da man do pintor Modesto Brocos e Rosalía de Castro. Desfrutamos do espectáculo de maxia co Mago Antón.  Xogamos, paseamos, creamos, divertímonos… e celebramos un cumpreanos!

CONTINÚA A DIVERSIÓN NO CONCILIA PADRÓN

Esta semana continuamos recibindo cartas de Benji Holmes, o noso detective favorito, e realizamos moitos xogos por equipos. Tamén fixemos varias saídas. A primeira á praza de abastos onde coñecemos os peixes, froitas e verduras e logo fomos ao parque a xogar. A segunda saída foi ao xardín botánico onde coñecemos xogos tradicionais como a chave, participamos en un contacontos, e dun obradoiro de creación de marcapáxinas. Hoxe foi un día de despedidas dos compañeiros e compañeiras que non continúan na segunda quincena, encantounos compartir este tempo con eles e elas. Esperamos que o desfrutasen tanto coma nós!

O CONCILIA PADRÓN INICIOU A ACTIVIDADE CON 34 PARTICIPANTES!

As actividades do Concello de Padrón, iniciáronse este luns con 34 participantes. Nestes primeiros días realizáronse xogos de presentación, xogos por equipos, recibimos unha invitación do detective Benji Holmes para axudarlle a resolver os seus casos. Xa conseguimos resolver o misterio do roubo das esmeraldas da marquesa de Carabás; atopamos as 60 esmeraldas da marquesa e logo coas pistas que Benji nos fixo chegar descubrimos quen foi a ladroa! Pero sobre todo divertímonos e xogamos moito.