Campamento de Verán de Arbo

Máis xogos.

No campamento de verán Arbo dedicamos a semana  a algúns  deportes de equipo, o fútbol, o baloncesto, o balonmán  e o rugby e a figura da muller nestes deportes. A pesar de que o tempo non nos acompañou tamén tivemos algún circuíto de relevos, música, cancións e xogos populares,(marro, brilé …).

Primeira semana de agosto.

Continuamos co verán no Campamento de Arbo, esta primeira semana de Agosto os nenos e nenas desfrutaron cas pistolas de auga, con xogos coma o Yeti, as islas afunden…,Os axentes secretos , con xogos tradicionais como o brilé, a palma, o escondite, baloncesto…e tamén tiveron que cooperar para descubrir os enigmas escondidos.

Actuación de encanto no Campamento de Verán de Arbo.

Aria, unha cadeliña terapéutica e os seus donos, estiveron este venres no campamento de verán Arbo para contarlle o conto “vivan las uñas de colores “ e xogar un pouco con nenos e nenas, estes estiveron moi atentos a todo o que facía e lles pedía Aria. Pasárono xenial!.

Xogos olímpicos e populares de Arbo’20

Nesta Primeira quenda inauguramos os Xogos Olímpicos e Populares Arbo´20 cun montón de deportes (Atletismo; relevo, salto de lonxitude, salto de altura, tiro, rugby…) e un montón de xogos populares ( birlos, chapas, brilé, atrapa a bandeira …) tanto individuais como por equipos e despois de cada sesión como non, a entrega de medallas os mellor clasificados do día.

Nos talleres de manualidades os nenos e nenos fixeron unha cana de pescar co seu peixe, os aros olímpicos, a antorcha olímpica e uns atrapabolas, todo con material de refugallo. Houbo moitos xogos de auga, búsquedas e xincanas deportivas.