Xornada de Intercambio
As persoas participantes nos Talleres de Memoria e Alfabetización de Adultos do Concello de Dodro, disfrutaron este venres da II Xornada de Intercambio xunto co alumnado de Meis.
Pola mañá, tivemos a oportunidade de falar sobre a actividade que desenvolven nas aulas, de presentar a realidade de ambos concello, etc.
A continuación, visitaron xuntos os lugares máis emblemáticos do municipio dodrense.
Xa para rematar, que mellor forma de facelo que compartir xantar, e sobre todo compartir moita música e moito baile.
Un día diferente e intenso de intercambio de experiencias.