XINCANA DAS LETRAS GALEGAS NOIA 2021
A tarde recibiunos con sol e boa temperatura para celebrar este Día das Letras Galegas 2021 en Noia.
Con esta Xincana tan especial mediante a cal percorremos algúns dos lugares máis emblemáticos de Noia, a diversión e o bo humor estaba garantido.
Por suposto, tamén nos achegamos un pouco máis a Xela Arias a través dalgunhas preguntas e simpáticas probas que os participantes tiveron que contestar ou realizar en cada un dos puntos sinalados.
Carreiras para un lado, carreiras para o outro, fotos aquí, fotos alá…. a proposta resultou ser tan divertida e emocionante que os grupos acabaron cansos, pero felices de participar nesta Xincana das Letras Galegas 2021.
Cabe destacar o bo humor e gran deportividade da que fixeron gala todos e cada un dos grupos participantes durante o desenvolvemento da competición, que ao final resultou ser un orixinal pasatempo para gozar dunha estupenda tarde en familia ou entre amigos.