Visita ao centro da empresaria e antiga alumna Begoña Alonso

O pasado xoves, visitamos a EFA A Cancela (As Neves) onde, a través da súa experiencia como mestra e emprendedora, Begoña explicounos os seus inicios no mundo empresarial, os riscos que iso conleva, e sobre todo as vantaxes que para ela supón traballar por conta propia. Explicou os trámites para crear un negocio, as calidades que cre debe ter un educador infantil no seu traballo con nenos e nenas, o que persoalmente valora nunha entrevista inicial cun candidato, e apelou ao esforzo, a constancia,  a responsabilidade e por suposto aos valores que nos axudan a ser mellores persoas,  para conseguir calquera cousa que un se propoña na vida.