VIII Campus Deportivo de Verán Concello da Estrada 2017
Hoxe presentouse no Concello da Estrada o VIII Campus Deportivo de Verán Concello da Estrada 2017.
A actividade está dirixida para nenos e nenas de 5 a 15 anos de idade nun horario de 10 a 14 horas durante os meses de xullo e agosto.
No campus deportivo poderán disfrutar de actividades como fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, natación, tenis, ciclismo e xogos de iniciación para os máis pequenos .
As inscricións a partir do xoves 1 de xuño no departamento de estatística (Planta baixa) do Concello da Estrada.