Campamento Rural de Verán de Ponteareas

FINALIZA O MES DE AGOSTO E CON EL O CAMPAMENTO RURAL DE PONTEAREAS

Quedan xa poucos días para disfrutar desta experiencia na que os nenos e nenas non deixan de facer cousas e vivir novos momentos que quedaran para o recordo.

Esta semana en Guláns puideron ter unha xornada de patinaxe e ciclismo na que ser peatón ou ser vehículo era a súa misión.

Tiveron a visita de Cruz Vermella, na que explicaron a que se adicaban polo mundo e de que tipo de axudas dispoñen.

Para refrescarse, o venres tiveron un día  repleto de xogos de auga no que mollarse era o primordial.

E gracias a un veciño da zona, os nenos e nenas realizaron nun viaxe en tractor que lle permitiu explorar como é viaxar nun vehículo que non todos e todas teñen na casa.

Durante esta última semana espéralles a visita da Banda de Música de Guláns, a saída pola aldea, a visita a un muiño e a festa final de campamento de verán. Que ben o pasaron este verán!


COMEZA O CAMPAMENTO RURAL EN GULÁNS (PONTEAREAS)

Co inicio da segunda quincena do mes de agosto os nenos e nenas de Ponteareas comezan as súas aventuras na casa cultural de Guláns.

Nestes dous primeiros días, os e as participantes puideron desfrutar do entorno natural  desta zona e ter unha primeira toma de contacto con elementos que poden atopar nela.

Para coñecerse entre eles e elas realizaron xogos de presentación que permitiron coñecer nomes e algúns dos seus gustos.

Ademais, estivo presente o traballo cooperativo e colaborativo na creación dunha “chave” simulando o xogo tradicional galego.

E a creación dunha barca con elementos do entorno que tívese flotabilidade nunha charca improvisada.

Como aproveitan os últimos días do mes!!!


ANGOARES DISFRUTA DO CAMPAMENTO RURAL EN PONTEAREAS

O campamento rural de Ponteareas está a realizar actividades entretidas e que axudan a levar un pouco mellor estes días de calor que estan a sufrir neste concello, chegando incluso a soportar os 40°.

Para sobrelevar mellor esta situación visitaron o campamento urbano e compartiron unha xornada de xogos de auga na tque as pistolas ou o tobogán de auga foron os protagonistas.

Outro día da semana visitaron o parque ao aire libre das Pombas.

E nas instalacións da casa cultural tiveron unha merendola de froita. Que bos estaban os plátanos e a sandía!

E xa nos últimos días facer un cadro coas siluetas de elementos do entorno permitiu sacar o lado máis creativo dos máis pequenos e pequenas.


COMEZAN AS OLIMPÍADAS NO CAMPAMENTO RURAL DE PONTEAREAS

Finalizou o mes de xullo e por tanto o campamento na aldea de Prado tamén. E deu comezo a primeira quincena de agosto e con ela os nenos e nenas desfrutan da experiencia do campamento rural en Angoares.

Os xogos olímpicos son a temática escollida para facer do verán unha experiencia inolvidable.

Nestes días a creación de carteis e murais con pintura sobre a temática tiveron entretidos os nenos e nenas.

Ademais, tiveron unha primeira toma de contacto co exercicio físico e coa posta en marcha de xogos que implican o lance de pelotas e a puntería.

E para afianzar a amizade e as relacións sociais a carreira de relevos e obstáculos tivo protagonismo no campamento.


VIAXE RURAL NO CAMPAMENTO RURAL DE PONTEAREAS

O campamento rural de Ponteareas está a vivir actividades moi interesantes e entretidas que teñen aos nenos e nenas abraiados.

Estes últimos días puideron disfrutar dun viaxe en chimpín que os levou á beira do Tea e a ver colmeas e abellas. Que ben o pasaron e que agradecidos estan todos e todas as participantes deste campamento cos veciños que se ofreceron a realizar esta saída.

E por si fora pouco, dúas  familias de Prado tiveron o gran detalle de invitalos a ver os animais que tiñan pola casa, causando gran sorpresa as dúas tartarugas que había.

E para manchar un pouco as mans, facer un experimento de fluido Newtoniano foi todo un acerto, pois a ciencia é fascinante!


CONTINÚA A AVENTURA NO CAMPAMENTO RURAL DE PONTEAREAS

Nestes primeiros días no campamento rural en Prado (Ponteareas) os nenos e nenas puideron desfrutar de dinámicas lúdicas que permitiron o xogo en equipo, en parella ou mesmo individual e tamén os xogos con pelotas de ping-pong foi algo que lles gustou moito.

Xa fóra das instalacións da casa cultural, unha veciña moi agradable e a cal se está moi agradecida fíxonos unha visita guiada pola súa casa na cal os nenos e nenas puideron ver e tocar animais como cans, ocas, galiñas ou incluso unha minicabra.

Ademais a saída permitiu coñecer o entorno da casa cultural e pasear pola aldea de Prado. Xa no alto da aldea, o paseo á área recreativa permitiu xogar ao aire libre e con elementos do medio natural como paus ou saltamontes.

Que lles deparará os próximos días?


O CAMPAMENTO RURAL DE PONTEAREAS REFRÉSCASE

Dende o día 1 que comezou o campamento rural de Ponteareas, os nenos e nenas non paran de realizar actividades.

Para refrescarse desta calor que estamos a sufrir tiveron un día para mollarse  e que ben o pasaron!

Ademais puideron sair a pasear pola contorna e aproveitar a sombra das árbores para resgarse do sol e poder tamén coñecer como é a natureza que nos rodea e que presenta unha gran variedade.

En canto aos xogos que se desenvolveron na casa cultural de Bugarín estivo presente o xogo ou traballo individual pero na maioría dos casos prevaleceu o traballo cooperativo e en equipo en xogos de mesa como o Uno ou realizando xincanas deportivas.


COMEZA O CAMPAMENTO RURAL EN PONTEAREAS

Co comeza das  vacacións de verán comeza unha etapa bonita e entretida para os pequenos e pequenas da familia.

A data de comezo foi o 1 de xullo, e neste primeiro día os nenos e as nenas puideron reencontrarse con compañeiros e compañeiras coas que coincidiron o ano pasado ou tamén coñecer rapazada nova que non participara antes no campamento rural coas que compartiran este programa de entretemento e diversión.

Durante a primeira xornada, para afianzar amizade e coñecer aos novos e novas integrantes realizáronse xogos de presentación e tamén algún que outro xogo no que a cooperación e o traballo en grupo estivo presente.

Benvidos e benvidas e que comece o xogo!