Escola de Verán de Esteiro (Muros)
ADEUS A ÚLTIMA QUENDA EN ESTEIRO!
E como non hai que despedirse con pena, aí vos vai un adianto de todas as imaxes das que podedes desfrutar, recordo dun verán cheo de diversión, xogos,risas e aventuras. Así que sen máis finalizamos esta quenda, dándovos un millón de gracias a todas e a todos, participantes das catro quendas e só nos queda decirvos:
DEICA O PRÓXIMO VERÁN AMIG@S!
VISITA SORPRESA EN ESTEIRO!
Nunca se sabe o que pode pasar no campamento de Esteiro!
Nenas e nenos quedaron realmente sorprendid@s esta semana con unha visita moi especial. Ben sabido é que se correu a voz de que lle ían dedicar unha mañá a facer experimentos… así foi que, nestes menesteres estaban cando apareceu pola porta unha sorprendente personaxe(tal como tod@s a definiron) chamada Lola, co seu simpático amigo Ernesto; dixo ser unha gran científica, e ben demostrado quedou, xa que logo de tomar ben nota dos experimentos que realizaron @s nen@s, abraiada de cómo con tan só lacasitos e pementa se puideran facer tales cousas, púxose mans a obra e tivemos unha auténtica sesión científica, na que ninguén perdeu detalle do que Lola lles amosaba. Votádelle un ollo as imaxes e xa veredes…
E seguide atent@s! Que aínda nos esperan máis sorpresas…
GALERÍA DE ARTE EN ESTEIRO
Benvid@s a tod@s a esta última quenda do campamento de Esteiro. Coma sempre nenas e nenos están dispost@s a aproveitar estas últimas semanas con todo o que se argalla por aquí. Así que, nin máis nin menos, durante estes días,entre saídas a praia, ó parque, xogos e máis xogos, aínda sacaron tempo para “imaxinar” ser grandes artistas e encheron o pavillón das súas grandes obras de arte. Pasade, pasade por alí, e veredes as súas dotes artísticas!
COMO PEIXIÑOS NA AUGA!
Por fin en Esteiro tivemos unha semaniña chea de sol e calor,de modo que aproveitamos para despedirnos desta quenda como auténticos peixes na auga; xa fora con festas e “guerras” de globos, xa fora con “duchas” en grupo e dende logo, con divertidas xornadas de praia, o caso era desfrutar ó máximo da auga nestes últimos días. Botádelle un vistazo as graciosas imaxes, que non teñen desperdicio.
E, sen máis, despedirnos outra quenda, darvos as gracias e a seguir gozando do verán!
TRABALLANDO EN IGUALDADE EN ESTEIRO
Dista forma, e como un auténtico equipo están @s nen@s do campamento de Esteiro pasándoo en grande tódalas mañás.
Con xincanas de igualdade, circuítos cooperativos, un sinfín de xogos de distensión e moito deporte tanto dentro como fora do pavillón.
E imposible aburrirse porque é un non parar! Incluso os días de choiva non son impedimento, xa que aproveitamos para as nosas divertidas sesións de cine.
E imos cargando pilas para os vindeiros días, xa que volve o soliño e xa sabemos o que nos espera, festas e xogos de auga que tanto gustan e horas e horas de ansiada praia! De seguro que xa o iredes vendo. Non vos perdades nada!
QUENTAMOS MOTORES EN ESTEIRO!
Comezamos con gran ilusión nova quenda e novo mes no campamento de Esteiro. Espéranos un agosto cargadiño de xogos, actividades, roteiros e unha chea de aventuras máis. Así que dende o primeiro día, logo de diversas dinámicas de presentación, (xa que empezamos con caras novas) non nos demoramos nadiña e fomos de ruta polo pobo, aproveitando sempre o contacto coa natureza e o exterior, onde @s máis peques puideron dar bo uso do parque e @s maiores desfrutaron dunha boa sesión de distintos deportes.
Desta forma, ímonos preparando para todo o que nos espera ó largo destas semanas; estade moi atent@s, que por aquí vos chegarán todas as novas!
JAU! A TRIBÚ INDIA SAÚDAVOS DENDE ESTEIRO!
Desta guisa despedimos a segunda quenda de xullo, como auténtic@s indi@s; nunha gran festa onde non faltaron globos, música, baile e moita diversión.
E logo do gran saúdo indio, toca despedir a quenda e o mes; un mes no que disfrutamos un montón, de rutas polo pobo, saídas a praia, xogos, moito deporte… Imaxinando unha morea de “mundos” con incribles aventuras e traballando sempre como un gran equipo!
Grazas a tod@s e a seguir desfrutando do verán!!
E SI NOS CONVERTIMOS EN BUSCADORXS DE TESOUROS?
Pois iso foi o que estivo a pasar estes últimos días c@s nen@s do campamento de Esteiro, auténtic@s buscadorxs de tesouros foron,con rutas polo pobo,paseos ata os muíños,saídas a praia… calquera sitio foi bo para buscar e buscar, a ver quen se facía co” botín” máis grande!
E como algún día a choiva non nos permitiu seguir con estas aventuras, estivemos tamén a desfrutar dunha divertida mañá de cine.
Ahora, toca esperar unha chea de sorpresas máis, ademais do noso ansiado día de praia!
DE RUTA POR ESTEIRO!
Din que ó mal tempo hai que poñerlle boa cara e dende logo eso foi o que fixeron @s nen@s de Esteiro durante estes primeiros días da segunda quenda de xullo. Logo dalgunhas dinámicas de presentación para coñecer o novo grupo, e diversos xogos deportivos e de distensión, non lles costa nada poñerse en marcha e ir coñecer diferentes recunchos do pobo nos que dan renda solta a súa imaxinación e de repente existen “bosques encantados” nos que todo é posible … ou incluso tamén chegar a zonas da praia, que aínda sen sol e sen chapuzón, sempre lles gusta para desfrutar ó aire libre.
DESPEDIMOS A PRIMEIRA QUENDA EN ESTEIRO!!
Non houbo lugar para o aburrimento durante a última semana da primeira quenda en Esteiro. Fixemos distintos obradoiros, elaborando pulseiras e medallas como agasallo para @s nen@s; outros talleres de igualdade no que tod@s participaron activamente; tamén, da man de Adega, tivo lugar unha actividade de medio ambiente, na que a través de xogos feitos con material de refugallo, divertíronse e ó mesmo tempo aprenderon unha morea de cousas sobre a reciclaxe.
Un paseo e posterior visita ó local das Carrilanas de Esteiro, onde lles ensinaron todos os modelos e incluso tiveron o seu momento para desfrutar delas!!
E como remate final, voltamos a praia e pasamos unha mañá do máis divertida, incluída festa da auga!!!
Así que só nos queda despedirnos d@s nen@s que nos deixan esta quenda e desexarvos que sigades a desfrutar do verán!!
DÍAS DE PRAIA EN ESTEIRO!
Toda a semana estiveron a esperar con moita expectación @s peques de Esteiro a súa saída do venres a praia; e dende logo que valiu a pena a espera, xa que o pasaron en grande, con xogos na auga, xogos na area, coa búsqueda de animaliños do mar…
Ademais xa durante a semana puidemos dar un bo paseo ata o muelle, onde tamén desfrutaron ó grande dunha baixada a praia, aínda que desta volta sen chapuzón.
E mentres non chegaba o calor,estivemos a facer unha morea de xogos no pavillón, de distensión, predeportivos, cooperativos…
E con outro tipo de actividades entramos de cheo na temática xeral do campamento, ”Imaxinaria”, e no bloque específico de Igualdade, tratando temas como a coeducación, a diversidade ou distintas habilidades sociais como a autoestima.
DÁMOSLLE A BENVIDA Ó VERÁN EN ESTEIRO!
Boas a tod@s e benvid@s ó campamento de verán!. Dende Esteiro recibimos as tan merecidas vacacións por todo o alto.Espérannos unha chea de actividades e diversión ó largo de todo o verán,asique estade moi atent@s e non vos perdades nada de todas as novas que por aquí vos iremos facendo chegar.
Durante os primeiros días o tempo non nos acompoñou pero xa veredes que aquí non hai tempo para o aburrimento,asique xa fomos quentando motores con unha chea de xogos,de presentación,distensión,deportivos…e ata nos atrevemos a sair de paseo!