DiverTeo Calo
UNHA DESPEDIDA CHEA DE CORES!
E chegou o momento de decir adeus ao DiverTeo de Calo deste mes de xullo. Un mes cheo de emocións e aventuras polo mundo e pola nosa contorna.
Esta semana o grupo de infantil transportámonos á catedral de Santiago de Compostela para coñecer un chisco máis de onde vimos. No grupo de primaria regalámoslle aos peregrinos/as pedras da sorte para o último empuxón do camiño. E a cousa non remataba aquí cos regalos, xa que fixemos un “amigo/a invisible”, empregando material de refugallo, regalámonos diferentes cousas como: xoieiros, lapiceiros, marca páxinas, xoguetes… e moito amor, que ese é sempre o maior dos regalos.
Xuntos fixemos unha gran festa da auga e bailamos ao son de músicas de diversos lugares do mundo.
Ademais, coñecemos a importancia do respecto e a tolerancia, a través dunha actividade sobre o mundo LGTBI+. O grupo de infantil, a través dun conto “O arco da amizade”, que trata sobre respetarnos entre todos/as a pesar das diferenzas, e rematamos a actvidade cun debuxo dos animaliños do conto. O grupo de primaria fixemos unha gran xincana en busca das cores do orgullo. A través de diferentes probas formamos a bandeira LGTBI+ e aprendimos a importancia do respecto e da tolerancia para poder vivir nun mundo máis xusto e con máis harmonía entre nos.
Dicimos adeus, cunha despedida agridulce, xa que a pesar de termos que despedirnos levamos no corazón todos os momentos vividos. Tivemos a oportunidade de coñecer novos sitios sen nen sequera movernos de Teo. Culturas novas, músicas novas, xogos novos, costumes novas… E aprendimos que coñecer diversas culturas é moi enriquecedor.
Queda na escola de Casalonga todos os bos momentos vividos xuntos, as risas entre amigos/as, coñecer xente nova, a complicidade coas monitoras… Porque o importante é sempre pasalo ben rodeados/as de familia, e nos xa somos unha pequena-gran familia!
Ata a próxima familia de Calo. Levamos o noso corazón cheo de cores!
VIAXANDO POLO MUNDO
Esta semana comezamos coa visita dos equipos de Emerxencia de Teo. Os policías e os bombeiros viñeron a ensinarnos un pouco do seu día a día. Tivemos a oportunidade de botar auga coa mangueira, probar os walkie-talkies, poñer a serea, probar os cascos, probar as exposas… Unha experiencia única e na que a cativada gozou moito.
O grupo de Infantil sumerxiuse na natureza investigando diversos animais, como as bolboretas, as vacas e as tartarugas, convertíndose en verdadeiros/as exploradores. Ademais disto, tamén xogamos coas construccións, e viaxando polo mundo, fomos capaces de construir a Torre Eiffel, a Torre de Pisa, as priámides de Exipto…
No grupo de Primaria tamén viaxamos polo mundo pero a través da música e dos diferentes bailes de Brasil, Alemania, Hawai, México e Italia. Fixemos un espectáculo colorido cos bailes e cancións tradicionais. Pero tampouco deixamos o mundo da peregrinaxe, xa que preparamos novos agasallos para os peregrinos/as, desta vez pedras pintadas por nos e frases motivacionais que alegran o corazón como: “Persigue os teus soños”, “O verdadeiro camiño eres ti” ou “Non deixes que nadie apague a túa luz”.
Qué bonito é viaxar polo mundo e coñecer diversas culturas!
UN CAMIÑO CHEO DE EXPERIENCIAS!
Damos por rematado a primeira quenda de Xullo, chea de investigadores/as da nosa contorna. Aproveitando que o camiño portugués pasa diante da nosa escola adentrámonos no mundo da peregrinaxe.
No grupo de infantil fixemos a nosa mochila e metemos as cousas que a cada participante lle pareceron necesarias para a andaina: unha lupa, unha cantimplora, gafas de sol, xoguetes… Ademais, pintamos cunchas de Santiago, e tivemos tempo de viaxar na nosa imaxinación á praia.
Para combater a calor fixemos xogos de auga, como carreiras con vasos de auga ou o pasapalabra mollado. O grupo de Primaria tivo a oportunidade de ir á piscina dos Tilos a refrescarse.
No grupo de Primaria fixemos grandes retos cos peregrinos, como carreiras, que nos dixeran palabras noutros idiomas, que nos deixaran probar as súas mochilas… Tamén lle regalamos cunchas a cambio de gañar no “pedra, papel, tixeira”. Ademais, xogamos a diversos xogos como “rúas e avenidas”, “barcos e faros”, “infinity”… todos esos xogos que tanto nos gustan.
Seguiremos investigando e quen sabe, quizáis algún día seremos capaces de chegar ate a Catedral de Santiago.
EXPLORANDO O INEXPLORADO
Voltamos ao Diverteo con moitas ganas de vernos e pasar tempo xuntos/as!
Nesta ocasión mudamos de sitio, unha gran oportunidade para poder investigar e descubrir lugares novos.
Neste mes de xullo imos a converternos en exploradores, investigando novos lugares, adetrándonos no camiño de Santiago, coñecendo novos/as amigos/as, descubrindo novos xogos…
O grupo de infantil sumerxímonos no mundo imaxinativo a través da pintura, os xogos de exploración no patio e investigamos as andanzas dos peregrinos.
O grupo de primaria puxémonos nos zapatos dun auténtico peregrino/a e fixemos parte do camiño portugués ata a Carballeira de Francos.
Ademais disto, esta semana estivo chea de xogos e tempo lúdico.
Collede as vosas lupas que seguiremos investigando!




