Campus Deportivo de A Estrada

Tocou despedirse no Campus Deportivo de A Estrada!

Fixemos unha despedida por todo o alto esta semana comezándoa coa excursión ao parque acuático onde como non podía ser menos se divertiron moito os nosos nenos e nenas. O martes os máis maiores do Campus tiveron a sorte de poder asistir a unhas clases de padel con Xoel Liñares nas instalacións da Estrada Padel, onde desfrutaron e aprenderon moito. Hoxe fumos á Praia fluvial de Liñares, alí fixemos unha competición entre equipos onde se realizou unha xincana de xogos. Os equipos máis rápidos e hábiles  convertéronse  nos gañadores. Caídas, sorrisos, berros de ánimo aos compañeiros de equipo, celebracións… grandes momentos que sempre van a quedar para o recordo.

Un verán máis que pasou voando e no que todos os participantes desfrutaron moito. Moitas gracias ás familias pola confianza e tamén aos monitores polo seu fantástico traballo. Vémonos para o ano!

CHEGANDO Ó FINAL

Seguimos unha semana máis exprimindo e desfrutando dos últimos días do Campus Deportivo de A Estrada cargados de actividades con moitas novidades!

 Comezamos o martes co día da bicicleta, triatlón, duatlón e acuatlón donde se divertiron moito e estivemos acompañados do bo tempo. O mércores tivemos a sorte de contar coa visita do Clube Acuático Umia e con Antía García Silva, ex compañeira do Campus, que lles falou aos rapaces e rapazas da súa participación  nos World Games coa selección española. Os nosos cativos puideron xogar e probar distintas disciplinas do deporte de salvamento deportivo, como por exemplo bandeiras, remolque de maniquí ou relevos de nado. Tamén os máis maiores do Campus puideron desfrutar das instalacións de padel da Estrada o xoves, un deporte de cooperación no que a técnica non é o máis importante, tamén é necesaria a táctica e unha boa preparación física. Para a maioría dos participantes era a primeira vez que practicaban este deporte, asique foi un auténtico descubrimento no que se divertiron moito. Como podedes ver non temos tempo para pasalo mal no noso campus.

Seguimos a desfrutar do verán no Campus Deportivo de A Estrada!

Este ano temos unha novidade nos deportes que practicamos xa que temos dispoñibilidade para utilizar as instalacións novas de escalada. Practican a escalada no rocódromo donde traballan a forza, potencia, resistencia e a estratexia a través de diferentes circuítos. Neste deporte a destreza, a forza física e a forza mental son as características máis importantes dun bo escalador.

Como ben sabedes comezamos a semana con mal tempo e téndonos que refuxiar nas instalacións do Coto Ferreiro, pero non por eso desfrutaron menos os nosos cativos e cativas. Aproveitamos cada momento que non chove para realizar as actividades ao aire libre aínda que algún día fose case misión imposible. Pero o mal tempo non é  ningún impedimento para que nos divirtamos no Campus Deportivo de A Estrada, asique atentos porque a próxima semana ven cargadiña de actividades…Seguiremos informando!

Despedimos a primeira quenda do mes de Agosto no Campus Deportivo da Estrada!

Esta semana estiveron moi atareados os nosos rapaces e rapazas, xa que tivemos todos os días novidades. Comezamos o martes coas actividades de ciclismo, triatlón, acuatlón e duatlón, onde tivemos moita afluencia de participantes. Descubrimos nesta xornada a auténticos competidores, chegar á meta non era suficiente para eles xa que todos querían ser os primeiros. Fixeron un gran esforzo e desfrutaron moito.

E hoxe para despedir a quincena fixemos as actividades na Praia fluvial Río Liñares, con algunha novidade que outra na ruta de sendeirismo. E a pesar de que o tempo non nos acompañou con moita calor como nos últimos días, tivemos moitos valentes que se atreveron a desfrutar do baño. Seguiremos iformando nos próximos días, estade atentos!

Dámoslle a benvida ao mes de agosto no Campus Deportivo de A Estrada!

Comezamos quincena e mes con caras xa coñecidas e outras novas, e con moitas gañas de pasalo ben. Esta semana estamos a desfrutar moito de cada actividade, calquera dos deportes que practican os nosos rapaces e rapazas son unha boa excusa para pasalo ben cos seus compañeiros. Cada participante está a aprender a traballar en equipo e a participar activamente nas actividades sendo conscientes de que o máis importante é desfrutar e aprender que sempre se gaña sexa cal sexa o resultado. E aínda que a veces non sexa fácil para eles, esfórzanse moito cada día para mellorar e seguir aprendendo de cada actividade.

 E como parece que Lorenzo seguirá a ser o protagonista esta semana os pequenos aproveitan para meterse na auga sempre que poden, cantos sorrisos e caras de diversión se ven dentro das piscinas! Para a semana seguimos informando…

Despedimos o mes de Xullo do Campus Deportivo de A Estrada!

Esta semana máis completa e atareada non puido ser para nós, o mércores triatlón, acuatlón, duatlón e bicicleta. Competicións moi loitadas e nas que todos os participantes foron gañadores e levaron o seu merecido premio.

Continuamos o xoves coa volta a unha das nosas actividades estrela antes da pandemia, a nosa excursión ao Parque acuático de Cerceda. Non fai falta dicir que foi un día moi emocionante para todos os rapaces e rapazas, non houbo recuncho que eles non percorreran. Foi un día marabilloso!

Para despedirnos fumos á praia fluvial na que xogamos e desfrutamos durante toda a mañá. Como sempre caras de tristeza e pena mezcladas coa felicidade por todo o que desfrutaron durante todo o mes, pero con moitas gañas de repetir.

Comezamos nova quincena no Campus Deportivo de A Estrada!

Despois do peche da quincena anterior na praia fluvial “Río Liñares” esta semana comezamos con moitas ganas, dándolle a benvida aos novos participantes. E aínda que o calor nos deu un pequeno respiro a comezos de semana, hoxe xa estamos coas actividades de piscina a tope.

Esta semana tamén tivemos a sorte de contar con Marcos Otero adestrador do clube de Atletismo A Estrada, que lles ensinou aos máis maiores do Campus algunhas das modalidades de atletismo. Para a semana despedimos o mes de Xullo con moitas novidades e coa volta de algunhas das actividades estrela que realizábamos no Campus antes da pandemia… estade moi atentos!

Estamos de volta no Campus Deportivo de A Estrada!!

Un verán máis coas pilas cargadas e con moitas ganiñas de desfrutar moito de cada actividade do campus. Comezamos a primeira quincena de xullo con moito sol e calor asique tentamos desfrutar da piscina o máximo tempo posible facendo xogos de auga e divertíndonos moito. Como cada ano seguimos practicando moitos deportes, con algunha que outra novidade como por exemplo a escalada. Este ano volvemos a realizar as activades como o facíamos antes da pandemia, sen mascarillas, sen grupos burbulla… liberdade e máis desfrute con tod@s os participantes do campus…Esta semana vai a estar cargadiña de actividades e novidades, asique estade atentos que vos iremos informando!