Campus Deportivo A Estrada
DESPEDIMOS ESTE MES DE AGOSTO NO CAMPUS DEPORTIVO DE A ESTRADA!
Foi unha quenda cheiña de actividades e visitas. Como novidade recibimos a visita do CNS A Estrada e da Federación Galega de Balonmán, que nos achegaron un pouco das diferentes normas e disciplinas de natación e salvamento e de balonmán. Os nenos e nenas desfrutaron e aprenderon moito. Tamén nos visitaron de novo A Estrada Futsal, A Estrada Basket, Club A Cambadela e o Club Budoyama. Grazas a todas as escolas e clubes que viñeron este verán a visitarnos, todos os rapaces e rapazas quedaron encantados coas actividades organizadas.
Tamén tivemos a nosa tradicional xornada do día da bicicleta, triatlón, duatlón e acuatlón, cun alto nivel de participación. O luns desplazámonos ao parque acuático de Cerceda, donde tivemos un fantástico e soleado día, no que desfrutamos moito. E hoxe finalizamos a edición XVI do Campus deportivo de verán, é un día difícil e triste porque toca despedirse dos novos amigos que fixeron durante todo o verán, pero quedámonos con todo o que desfrutaron. Grazas a todos os pais e nais por confiar en nós e esperamos vernos para o próximo verán!
DESPEDIMOS A PRIMEIRA QUENDA DE AGOSTO E IMOS A POLA RECTA FINAL NO CAMPUS DEPORTIVO DE A ESTRADA!
Foi unha semana cargadiña de actividades e divertimento. Comezamos a semana coa xa visitia habitual de Marcos dende Atletismo A Estrada, que ano tras ano nos apoia e nos visita para mostrarlles aos nosos cativos e cativas un pequeño anaco do maravilloso mundo do atletismo. Tamén nos volveron a visitar o Club A Cambadela, con loita tradicional, unha disciplina na que algún dos nosos xa son auténticos expertos.
Tamén tivemos a nosa habitual xornada do día da bicicleta, triatlón, duatlón e acuatlón. A primeira hora cunha xincana en bicicleta, donde todos e todas demostraron a súa habilidade e destreza na mesma. E logo comezamos coa nosa maior competición, triatlón, duatlón e acuatlón…Podemos confirmar que foi unha quincena de moita participación, dende os máis cativos ata os máis grandes, e donde a pesar de que non reciben ningún premio, o maior logro é rematar a carreira e superarse quenda tras quenda. E para despedir a semana e a quenda, fumos á praia fluvial de Río Liñares, nunha xornada moi divertida e entretida con moitos xogos, baño e natureza, pero na que tamén tocou despedirse. Estate atentos porque a recta final ven cargadiña de novidades!
AGOSTO
Recibimos o mes de agosto cunha nova quenda no Campus Deportivo de A Estrada! Despois do éxito do mes de xullo estamos listos para recibir tanto ás novas incorporacións como xa aos mais veteranos, onde xuntos colleitarán novos momentos e recordos para toda a vida. Esta quincena comezamos forte coas visitas do Clube Ximnasia A Estrada, dándolle unhas nocións básicas de ximnasia deportiva. O Club Budoyama veu con todas as ganas o pasado venres a darlle unhas clases de karate, o sensei encargado de impartir as clases viña cargado de moita enerxía coa que rapidamente contaxiou aos nosos cativos e cativas. Foron unhas sesións moi divertidas e entretidas coas que quedaron moi contentos.
Alégranos ter tan boa acollida por parte das familias que ano tras ano repiten, e ás novas por confiar en nós, o deporte é o mellor aliado para combater o verán!
SEGUIMOS DÁNDOO TODO EN A ESTRADA
O mes de xullo toca o seu fin, e remata así a 2ª quenda do noso Campus Deportivo de A Estrada. Foron 15 intensos días, onde xunto coas nosas actividades diarias, tamén tivemos actividades como Loita Tradicional (Clube A Cambadela), Fútbol Sala (A Estrada Futsal), baloncesto (A Estrada Basket) e atletismo (Atletismo A Estrada) . O día da bicicleta desfrutamos coas probas de Triatlón, Duatlón e Acuatlón. Comezamos a última semana por todo o alto coa nosa visita ao Parque Acuático de Cerceda onde pasamos un día especial entre amigos, para nós o máis satisfactorio é ver como os nenos e nenas desfrutan e o pasan ben entre tobogáns. E para despedir o mes tocou a última xornada na Praia Fluvial de Liñares, unha mañá super divertida coa tradicional ruta de sendeirismo, xogos, búsquedas do tesouro e moito baño…como podedes ver non nos aburrimos nadiña, e exprimimos ao máximo a diversión durante todo o mes! Comezamos agosto coa mesma ilusión e gañas, estade atentos para máis novidades…
FINALIZAMOS QUENDA NO CAMPUS DEPORTIVO DE A ESTRADA!
Vimos de vivir unha semana ateigada de actividades e con moitas visitas no Campus deportivo de A Estrada. O Club A Cambadela voltou con loita tradicional para aqueles grupos que aínda non puideran desfrutar das súas clases. Tamén se sumaron esta semana a Estrada Futsal e A Estrada Basket con moitos exercicios e xogos que fixeron desfrutar moito aos rapaces e rapazas do campus, e cos que descubriron un pouco máis do mundo do fúbtol sala e de baloncesto. Como é habitual tivemos a xornada do día da bicicleta, triatlón, duatlón e acuatlón. Primeiro realizaron unha pequena xincana en bicicleta donde os nenos e nenas demostraron as súas habilidades e destrezas. E a continuación, comezou a esperada competición de triatlón, duatlón e acuatlón…Moita competitividade por ser os primeiros, pero sobre todo moitas gañas de pasalo ben e de desfrutar cos compañeiros e compañeiras. E xa comezando esta semana fumos a pasar a mañá á praia fluvial de Liñares. Alí fixemos unha pequena ruta circular, xa coñecida polos máis maiores do campus, pero toda unha experiencia descoñecida para os máis pequenos e pequenas donde se divertiron moito. Despois da merenda puideron desfrutar do baño na zona da praia e de moitos xogos e actividades. O último día da quenda realizamos a tradicional entrega de camisetas e foto de familia do campus. Sen dúbida, foi unha gran quenda cargadiña de novidades e diversión!
ESTAMOS DE VOLTA UN VERÁN MÁIS NO CAMPUS DEPORTIVO DE A ESTRADA!!
Comeza o verán e toca desfrutar moito facendo deportes e xogando no Campus Deportivo de A Estrada. As ganas e a motivación son maiúsculas, e os nosos pequenos e pequenas mostran as súas mellores habilidades con cada deporte. Esta semana empezamos xa cargados de novidades e tivemos a visita do ClUB A Cambadela, que viñeron a dar unhas clases de loita tradicional. Pasárono xenial e aprenderon moito, e por sorte seguiremos contando coa súa axuda durante todo o verán.
Para algúns toca descubrir un sitio novo e coñecer novos compañeiros e compañeiras, moitos nervios ao principio pero rápidamente se adaptaron e divertíronse moito. Para outros volver a ver a esos amigos cos que pasar e desfrutar un verán máis practicando deportes e xogando. Seguiremos informando de todas as novidades…






