Campamento de Verán de Pontecesures

SEGUIMOS CON ACTIVIDADES NO CAMPAMENTO DE PONTECESURES

Pese a que este verán esta sendo un pouquiño alocado polo tempo, esta semana de moito calor os meniños/as de Pontecesures combaten a calor con moita auga; xa sexa con mangueira, pistolas, cubos, globos,etc..

Tamén se converteron en auténticos cociñeiros/as con outro taller de cociña creativa con chocolate e froita que nos facilitou o concello, moitas grazas a concelleira. Estaba todo boísimo.

Tratamos o tema de intolerancias e alerxias a través dun xogo moi divertido de parellas e adiviñanzas.

Xogamos a xogos tradicionais na praza da vila.

O venres, dia de chuvia aproveitamos para relaxarnos e pasar un ratiño ameno e tranquilo cun taller de Ioga e aerobic, o cal os nenos agradeceron moito.

Pero, sen dúbida, a actividade máis divertida da semana foi o taller de camisetas que realizaron as vosas crianzas. Quedaron super chulas!

Vémonos na última semana, moito ánimo!

UN NON PARAR EN PONTECESURES

Boas Familias, continuamos unha semana máis no campamento de Pontecesures e as crianzas non paran de facer un montón de actividades.

Comezamos a semana cun taller de pulseiras e trenzas do pelo o cal foi moi ben recibido. Tras o festivo realizamos unha saída a Pontecesures e convertémonos en auténticos Peregrinos realizando un tramo do camiño Portugués, o cal na levou a visitar o monumento do coche de Pedra, que representa o primeiro coche a gasolina que circulou por Galicia.

O xoves disfrutamos de outra visita do judoka Toño Gómez, quen nos realizou outra clase maxistral de judo. E para rematar a semana realizamos un taller de cociña creativa con froitas e un taller de integración de linguaxe de signos, para a sorpresa de moitos algúns dos vosos cativos/as xa son todos una expertos neste tema, quedamos moi satisfeitos e abraiados da súa labor.

Como vedes este é un non parar neste super campa de verán.

Vémonos para a semana con máis diversión!

XOGO DOS CINCO SENTIDOS

Estimadas familias, continuamos unha semana máis no campamento de Pontecesures con moitos xogos e deportes, manualidades, festas da auga para espantar o calor; e sobre todo, con un xogo que tivo moito éxito entre os asistentes.

Chámase o xogo dos 5 sentidos, onde os meniños/as cos ollos tapados puideron estimular o sentido do gusto, tacto, vista e oído con diferentes obxectos, alimentos, fragancias, etc…

A rapazada pasouno moi ben, e de seguro van querer repetir moi cedo.

O venres realizamos un xogo de pistas pola vila, atopando diferentes obxectos relacionados coas viaxes no tempo que foron realizando estas semanas. Desta maneira tamén coñecen un pouco máis da historia, cultura e tradicións das diferentes épocas pasadas.

Vémonos na seguinte semana con moitas máis aventuras.

Comezamos o mes de agosto, dándolle a benvida aos novos integrantes do campamento de Pontecesures.

Fixemos novos xogos de presentación e xogos cooperativos onde todos e todas se foron coñecendo un pouco.

Voltamos con outra viaxe no tempo a cal nos leva ata a etapa do Rei Arturo e o Mago Merlín.

Este último escapouse pola vila e tivemos que facer unha super búsqueda con pistas e xogos para poder atopalo, foi do máis divertido.

Tamén realizamos un taller de reciclaxe con botellas, tapóns e cartuchos de cartón. Os meniños/as convertéronse nuns tremendos artistas fabricando cohetes, lapiceiros, xogos, etc..

Continuamos para a semana con máis diversión.

GRAN FESTA FINAL XULLO

A verdade e que a norma imposta do horario de entrada e saida pareceme un pouco exagerada debería ser de 9 a 10 e de 13 a 14 esa media horiña sacábamos a todos de moitos líos a hora de levalos e recollelos e tamen penso que eso deberían facelo antes de que anotaramos os nenos non unha vez que xa están dentro Por o demais no meu caso o neno esta disfrutando moito que o final e o que a min mais me importa e el esta encantado coas monitoras

Exipcios en Pontecesures

Boas estimadas familias, esta semana si que foi un non parar no campamento de Pontecesures.

O venres pasado realizamos un paseo polo pobo, onde puidemos observar algúns elementos do pasado que temos o noso arredor; como por exemplo a ponte que divide os concellos de Padrón e Pontecesures, que según reflexa a historia ten unha orixe romana.

Esta semana comenzámola cunha visita moi especial, a do Iudoca Toño Gómez, quen ofreceu os cativos/as unha iniciación a arte do iudo, foi unha experiencia moi divertida para a cativada e esperamos poder volver a repetila pronto.

Tras a festividades do apóstolo, voltamos o mércores caluroso coa ansiada festa da auga, onde a diversión expresouse mediante globos e cubazos de auga.

O xoves realizamos unha nova viaxe no tempo, parando na época exipcia, cal aproveitamos para realizar un xogo de pistas descifrando xeroglíficos e chegando a atopar o gran cofre do tesouro. Foi unha actividade moi divertida.

Pronto vémonos con máis actividades.

Un saudiño.

XINC

Quen lle ía a dicir a cativada do campamento de Pontecesures que a pequena máquina do tempo os achegaría a tantas épocas do noso pasado. Desta volta a viaxe párase  na época medieval coa realización de xogos típicos daquela época, como o tiro con arco, derribo de bloques, etc.

Por  outra banda, realizamos outra saída a Pontecesures. Desta vez, visitamos a praza de abastos para facerlle unha pequena entrevista os comerciantes e así coñecer os produtos que venden, así como aqueles que poden ser máis saudables. Con toda esta información realizamos un mini taller de vida saudable para poder levalo a cabo na nosa vida cotiá. E realizamos unha super xincana de relevos (culler, pata coxa, sillita reina) e carreira de obstáculos.

Como podedes observar, os vosos cativos e cativas non perden o tempo neste campa de verán de Pontecesures.

Vémonos para a semana con máis diversión.

VIAXEIROS DO TEMPO

Queridas familias, atopámonos na segunda semana de campamento e os cativos e cativas de Pontecesures non paran de realizar actividades e xogos neste super campa viaxeiro!

O venres da semana pasada realizamos a 1ª das saídas a Pontecesures para facer un recoñecemento de espazos, como a praza de abastos, a praza municipal, o parque municipal,etc.. Nesta saída ademais de desfrutar dun tempo de ocio libre realizamos unha patrulla de reciclaxe y moitos xogos populares como o pano, o escondite ou o pilla- pilla.

Esta semana realizamos a segunda viaxe no tempo e paramos nada menos que na época Castrexa e Celta, as cales nos ofreceron un milleiro de ideas para realizar actividades; tales como, a elaboración dunha casa castrexa ou a festividade dunha verdadeira festa celta con música, bailes e maquillaxe da época. E como este tempo está a cambiar continuamente, un día de choiva visualizamos unha película, chamada “Os Croods” que nos foi como anel o dedo para a nosa temática; xa que trata dunha familia de Cavernícolas que tras ver destruída a súa caverna deben viaxar por un novo mundo cheo de animais e paisaxes espectaculares e vivir un milleiro de aventuras para atopar o seu novo fogar.

Ademais disto, as crianzas realizaron actividades deportivas como: o baloncesto e o bádminton; xogos cooperativos e dinámicos como o pano, a comba, a bomba, o reloxo, o teléfono estragado,etc..

Pero o mellor de todo foi a tan ansiada festa da auga, xa que pese a que o tempo non nos axudou moito puidemos realizala e disfrutala por todo o alto con globos e pistolas de auga, burbullas, e moita moita mangueirada!!

En definitiva, as mozas e mozos de Pontecesures pasaron outra semana de medo no campamento, e isto segue, así que na semana próxima vémonos de novo!

Un saudiño forte!

ARRANCAMOS EN PONTECESURES

Boas estimadas Familias, comezamos o campamento de verán en Pontecesures con moitas ganas e ilusión. Queremos que as vosas crianzas se divirtan e leven deste campamento un moi bo recordo.

Nesta primeira semana presentamos o que vai a ser a guía de programación do campamento, o cal se chama “As viaxes no tempo”, no cal as nenas e os nenos de Pontecesures convértense en viaxeiros e viaxeiras do tempo que, grazas a unha fantástica Máquina do tempo coñecerán diferentes etapas da historia do seu concello; indagarán nas súas raíces e terán unha aprendizaxe amena e divertida por toda a vila.

Polo tanto, esta semana comezamos a realizar xogos de presentación para coñecernos todos un pouco (xogos cooperativos: fútbol e brilé), realizamos a máquina do tempo, a cal nos axudará a emprender esta marabillosa viaxe pola vila.

Comezamos a nosa primeira viaxe a Prehistoria, onde a maiores de coñecer un pouco máis desta época mediante xogos e lecturas, convertémonos en cavernícolas grazas a un photocall chulísimo que os cativos/as realizaron, introducímonos tamén na labor daqueles tempos como recolectores; realizamos un taller de arte rupestre con plastilina e pintura.

E para rematar quixemos darlle un toque de integración e igualdade cun taller de relatos das labores das mulleres naquela época.

Como podedes apreciar, as crianzas de Pontecesures comezan a tope o campamento, e para máis o primeiro día recibimos unha visita inesperada dos gaiteiros da vila, os cales viñeron a tocar par nós por ser festivo local, toda unha gozada.

 Esperámosvos con moitas máis actividades a semana que ven.

Un saúdo cavernícola 😉