Campamento de Verán de As Neves
RECTA FINAL
No campamento de As Neves vivimos momentos únicos: fixemos unha acampada nocturna chea de aventuras, visitamos Vide para xogar aos tirataques e desfrutar da natureza, e asistimos ao nomeamento de Michel Salgado como fillo predilecto no polideportivo que leva o seu nome. Agora xa estamos na recta final, aproveitando cada instante!
AS PISCINAS O NOSO LUGAR FAVORITO
Esta semana no campamento de As Neves está sendo pasada por auga e música! Co calor, gozamos da piscina e xogos refrescantes . Tamén visitamos a escola de música de Rubios ,onde tocamos instrumentos e aprendemos moito. Hoxe despedímonos da nosa compañeira do Sáhara, desexándolle o mellor. Que nos esperará a próxima semana??
ÚLTIMA SEMANA DE XULLO EN AS NEVES
Rematamos xullo como se merece: entre xogos, risas e unha merendola de despedida chea de sabor e boa compañía. Esta foi a última semana do campa, e celebrámola cunha chea de actividades refrescantes e momentos compartidos que nos deixan un sorriso enorme. Con gañas de empezar agosto.
SEMANA DE CELEBRACIÓNS E NOVAS AMIZADES NO CAMPAMENTO DE AS NEVES.
Esta semana celebramos 2 aniversarios con moita alegría e chea de abrazos. Ademais gozamos dunha xornada especial na área recreativa de Santa Mariña, rodeada da natureza e xogos populares.
Recibimos a visita duns nenos e nenas veciños de Portugal, e foi unha experiencia chea de sorrisos e aprendizaxes compartidas.
Para completar a semana, fixemos unha saída ao país veciño, onde os nenos e nenas portugueses nos acolleron con agarimo e moita actividades divertida.
REMATAMOS A PRIMEIRA QUINCENA DO CAMPAMENTO DE VERÁN EN AS NEVES.
A primeira quincena do Campamento de Verán 2025 en As Neves chegou ao seu fin deixando atrás momentos máxicos, risas contaxiosas e vivencias inesquecibles.
Un dos días máis animados foi o da Festa da Auga, onde as nenas e nenos gozaron de xogos refrescantes, música e moita diversión. A xornada rematou cunha gran merendola ao aire libre, compartindo moitas gochadas.
Tamén tivemos a oportunidade de visitar o Parque da Auga de Mos, onde os nenos e nenas pasárono en grande. Refrescáronse cos chorros de auga, xogaron no parque infantil e gozaron dunha mañá chea de risas e diversión..
Agora continuamos coa segunda quincena, chea de novas aventuras por descubrir.
CAMPAMENTO AS NEVES: A AVENTURA COMEZOU !
O martes arrancamos o campamento en As Neves cun día inesquecible , cheo de xogos, risas e conexión. Participamos en actividades ao aire libre, dinámicas cooperativas e momentos compartidos que xa nos fixeron sentir como unha gran familia.
Foi só o comezo dunha experiencia que promete ser máxica. Cada día traeránovas aventuras, aprendizaxes e amizades que medran. Porque isto… isto é só o principio.















