Campamento de Conciliación de Verán Santa Comba

Adeus Santa Comba.

Cun sabor agridoce, só nos queda despedirnos de todos e todas vos. Pasiño a pasiño, fomos chegando a última e derradeira sema do servizo.

Queridas familias, tanto as que xa nos deixastes como as que continuades con nós, grazas por todo sempre, por contar con nós e por facer que estes nenos e nenas sexan tan marabillosos pero sobre todo GRAZAS por deixar nas nosas mans o que máis queredes no mundo, levamos con nós un trociño de cada un de eles e elas. Queremos tamén, dar as grazas ao Concello de Santa Comba pola oportunidade e por confiar en nós e por apostar polo noso traballo.

Para rematar, todo o equipo de monitorado e coordinación, deséxavos todo o mellor sempre a todos e todas e esperamos que sentísedes que estivemos á altura da situación.

GRAZAS POR TODO FAMILIAS.

Reta Final.

Moi boas, que tal estamos a afrontar a reta final do verán?.

En Santa Comba, realizamos a última saída desta  quenda coa visita a Casa do Concello onde tivemos o pracer de pasar un anaco da súa apertada axenda coa alcaldesa María Pose, a cal relatou os cativos e cativas as súas funcións e deberes ao fronte da alcaldía.

Tivemos tamén o pracer de coñecer as Concelleiras de Servizos Socias e Cultura pertencentes ao seu equipo de traballo, as cales nos relataron unha morea de cousas acerca do noso Concello así como do enorme patrimonio cultural e turístico que Santa Comba posúe e que cada día anda a medrar coas novas explotacións levadas a cabo.

Coñecemos tamén, cada unha das estancias e departamentos que conforman o Concello así como as funcións que se desempeñan en cada unha, sen esquecernos dende logo do despacho da propia alcaldesa.

Non podiamos rematar Agosto sen antes dar as gracias a todos os cativos e cativos así como as súas familias que nos acompañaron todo este tempo, desexámosvos a maior de todas as sortes en este curso que está a piques de comezar. Para os que continuades con nós unha sema máis imos a exprimir ao máximo o tempo que nos queda xuntos.

 Voltamos para a sema que ven para despedirnos de todos e todas vos.

Unha aperta.

Comezamos segunda quenda.

Como se nota que estamos de vacacións!.

En Santa Comba, afrontamos o ecuador de agosto cun notable descenso nas asistencias ao coincidir estas coas vacacións da meirande parte das familias.

Pese a estas semas tranquilas que están por chegar, tivemos unha visita moi especial e moi ansiada polos cativos. Adriano máis Carlos, dous policías locais do concello, quixeron que os cativos e cativas coñeceran a importancia dunha educación e seguridade vial para todos e todas.

Despois dun repasiño polas normas e sinais de tráfico máis coñecidas e usadas, armados coas súas bicicletas e patinetes, simularon ser condutores e condutoras por un día grazas a un circuíto que os nosos amigos tiveron o pracer de organizar.

A máis de un e de unha non lle chega a hora de sacar o permiso de circulación!.

Ata a vindeira sema!

Festa de disfraces en Emorode.

Benqueridos a todos e todas!.

A sema pasada, vos contamos que para despedir a 1ª quenda de agosto, tiñamos algo agochado baixo a manga. Se mal non recordamos, vos dimos unha pequena pista…… OS DISFRACES!.

Sabedes xa de que falamos? Pois nada máis e nada menos que dunha festa de disfraces na Praia Fluvial de Esmorode!.

Dende disfraces terroríficos de zombies, scream… ata os máis doces como unicornios e piratas… sen esquecernos tamén do famoso spiderman que nos fascinou a todos e todas coas súas exhibicións de acrobacias. Todos e todas estaban moi pero que moi guapos e guapas!

Pasamos unha mañá chea de diversión entre xogos como o P21 e atrapa a bandeira, onde grazas aos amplos espazos verdes e recunchos que dispoñiamos foron todo un autentico reto.

Queremos tamén, compartir con todos e todas vos a nosa última sesión de piscina desta 1ªquenda, que esperamos poder seguir aproveitando o que resta de verán, así que tempiño , xa sabes o que os cativos e cativas de Santa Comba che piden por aquí!

Ata a sema que ven!!.

No Barrié non paramos un intre.

Chegamos o ecuador de Agosto, nun abrir e pechar de ollos case estamos a rematar a primeira quenda…. Sabedes o que estamos a argallar? Ímosvos a dar unha pequena pista… vainos moito a troula y os disfraces…. pero ate a seguinte nova vos deixamos coa intriga.

O tempo en Santa Comba nos deu un respiro para poder desfrutar ao máximo da piscina. Entre chapuzóns, carreiras e saltos os monitores non facemos máis que tragar auga porque seguirlles o ritmo a estes cativos é todo un reto, secos precisamente non nós deixan pero inda así, desfrutamos todos un montón.

Entre saídas e a piscina, pouco permanecemos nas instalacións pero inda así, sacamos tempo para un súper xogo de pistas relacionado coa educación ambiental onde unha vez máis os cativos demostraron todo o seu inxenio resolvendo  a meirande parte das probas en tempo récord.

Aquí vos deixamos unha mostriña.

Ata a sema

Nova quenda no campamento de Santa Comba.

Como xa vos comentaramos a sema pasada, despedimos Xullo por todo o alto cunha súper festa!.

Coas nosas mellores galas y un photocall elaborado cas propias mans dos nosos cativos e cativas, animámonos a unha master class dos últimos bailes do momento da man dos nosos queridos monitores e monitoras. Temos que destacar, que máis de un e de unha leva o baile na sangue porque nos deixaron coa boca ben aberta!!.

É así familias, somos uns pallasiños pero e que facer rir os vosos cativos e cativas é algo o que non nos podemos resistir!!!

Queda máis que claro que o pasamos estupendamente y que non dubidamos en facer algunha que outra festiña máis.

Realizamos o último obradoiro de reciclaxe do mes cunhas súper huchas personalizadas a gusto de cada un dos nenos e nenas e a verdade e que quedaron a mar de orixinais, agora so queda enchelas……

Por outra banda, os máis cativos, levaron de recordo unhas cartiñas con dedicatorias e palabras bonitas que os seus compañeiros de grupo lles dedicaron. A lagrimilla a máis de un e de unha podémosvos asegurar que lle caeu.

Damos a benvida a Agosto con moitas ganas de seguir compartindo e sumando momentos con vos. Agosto imos por ti!!!.

Saudiños.

Rematamos Xullo a ritmo de festa rachada!.

Queridas familias, Xullo chega ao seu fin e con el volven as amargas despedidas dalgúns dos nosos cativos e cativas que esperamos volver a ver.

Temos moitas pero que moitas ganas de festa y a que temos argallada é de alfombra vermella, photocall e bailes incluídos para mover ben o esqueleto.

Queremos tamén, compartir con todos e todas vos a nosa visita ao Museo Terra do Xallas, máis coñecida na localidade pola “Casa do pozo”, onde José Manuel, encargado do mesmo, nos fixo retroceder ao pasado, nada máis e nada menos que a antiga Santa Comba de hai cento cincuenta anos. Os nenos e nenas viñeron máis que encantados e desexando volver!!.

Como o tempiño aquí en Santa Comba nos está a trastocar un pouco os plans, sobre todo as saídas a piscina, argallamos saídas aos parques da contorna con pícnics incluídos. Os cativos se lles fai a boca auga, saltan, brincan, corren… non paran un intre, así é que veñen coa lingua fora.

Sacamos sempre un anisquiño de tempo para seguir coa temática. Desta volta, os máis maiores, realizaron un xogo de pistas por equipos sobre os 17 obxectivos e metas do desarrollo sostible da ONU.

Tras o remate da búsqueda, os nenos e nenas fixeron unha posta en común aportando as súas ideas e solucións de cara crear un mundo mellor resolvendo todas as problemáticas deste.

Os peques, non se quedan atrás, pois …..que me dicides deste pedazo de mural? Sobran as palabras a que si? Temos auténticos artistas entre nós.

Saudiños.

Despedimos quenda pasados por auga!.

Moi boas a todos e a todas; como xa sabedes o pasado venres finalizou a nosa primeira quenda. Cun sabor agridoce despedimos a algunhas das nosas crianzas que esperamos volver a ver de aquí ata setembro, así que , para endulzar as despedidas fixemos unha súper festa da auga, onde os monitores e monitoras realizaron unha xincana acuática cun montón de probas e desafíos que os nenos e nenas pasaron con matrícula de honor e non precisamente secos!.

Isto non ía ser todo, porque como xa saberedes non sabemos estar quietos un intre. Este luns, tivemos unha visita no noso colexio, Carla, do Instituto Galego de Consumo, veu realizarlles ós cativos unha xincana sobre o consumo responsable.

Mediante unha serie de xogos, trataron temas tales como: as 3R, reducir o consumo de auga e enerxía entre outros, unha nova forma de aprender novas cousiñas para captar a atención e o interese dos cativos e cativas.

Temos un montón de cousas máis que contarvos, pero ate a seguinte nova os imos a deixar coa intriga.

Un saudiño e deica a sema!

A auga patos!

Boas familias!

Voltamos cunha morea de cousas que contarvos, pois non paramos un intre.

Descubrimos a uns auténticos escritores e escritoras entre nós a través dunha actividade realizada para traballar a educación en igualdade y sabedes que fixeron…? Un conto ao revés! Sabedes o que é iso? Pois ben trátase dun conto onde cambiamos os roles dos personaxes principais elaborando un completamente novo e innovador.

Saíron así, contos coma a nova versión de Cincenta, no lugar de ter unha madrasta, pasamos a ter un padrasto, ou o conto dos Tres porquiños, onde eran os propios porquiños quenes derruían a casa do lobo. Temos unha imaxinación e creatividade que non vos podedes imaxinar.

Realizamos a nosa primeira sesión de cine para combater un pouquiño este calor coa película de Wall-e. Por medio do noso amigo e pequeno robot Wall-e, os cativos e cativas descubriron a importancia e a necesidade de coidar ó noso planeta pois estamos deixando unha gran pegada nel.

Por outra banda, demos tamén nome aos nosos grupos, para elo , realizamos un pequeno taller onde os nenos e nenas escolleron baixo un acordo grupal, o nome dun animal que dará nome ao seu grupo coa posterior elaboración do seu escudo identificativo, quedando así o grupo de 11 anos baixo o nome de “ Os monos”, os de 10 e 9 anos “Os camaleóns” y os de 8 e 7 anos “Os pumas”. Agora si que empeza a competición entre grupos!.

Y finalmente, despois de facérsenos a boca auga….. a auga patos!. Comezamos a piscina así que protección solar a moreas e a auga que con este tempo non hai quen se resista a un bo chapuzón.

Vémonos nunha semaniña, ate entón deica a vindeira sema!

Grazas pola acollida Santa Comba

Despois de dous veráns derradeiramente duros, por fin voltamos a desfrutar dos campamentos en todo o seu esplendor e oficialmente ….. ADEUS MASCARILLAS!!!.

Todos os xoves nos imos a pasar por aquí para que vexades o que andan a facer e a argallar os nosos cativos e cativas. Na actualidade, o tema da contaminación e do benestar do planeta entre outros está moi o día , “ Non hai planeta B ” da nome ao noso programa, ao longo destes meses os nosos nenos e nenas realizaran talleres, obradoiros e experimentos entre outras cousas para traballar esta temática da forma máis divertida e atractiva posible.

Realizamos o primeiro taller da quincena, onde por grupos creamos o noso propio planeta B, incluíndo en el todas as melloras e solucións aos problemas actuais que están a afectar ó noso. As solucións así como unha serie de valores que os nenos e nenas apartaron a cada un dos seus planetas foi máis que asoballante.

Para eses momentos de espera entre unha chegada e outra temos montado un auténtico torneo de xogos de mesa tales como: o “Uno”, “Virus” e o “Jungle speed”, pese a vir durmidiños polas mañás as monitoras non facemos máis que perder e por goleada máxima.

Vimos con moitas ganas de pasalo ben e cun montón de sorpresas baixo a manga que poquiño a pouco as iredes vendo….. En Santa Comba non hai cabida ao aburrimento!

Queremos dar as grazas ao Concello por esta oportunidade pero sobre todo a todos os pais e nais que deixades cada mañá nas nosas mans o que máis queredes no mundo.

Un saudiño.