Campamento de Verán de Nigrán

Ó BO TEMPO, BOA PRAIA

O verán xa está aquí e para demostralo, mirade o ben que o pasamos. Aparte de isto fixemos de grandes investigadores paseando polos distintos parques e buscando pistas. Tivemos tamén A Fundación Igualarte que nos contaron un conto sobre as familias e para rematar a semana fixemos a semifinal de Got Talent.

XULLO BENJI HOLMES VAI POR TI

Comeza o mes de xullo con numerosas actividades , dedicadas o deporte , o xogo e sobre todo a este personaxe intrépido e marabilloso Benji Holmes. Que hai que saltar, saltase; que hai que facer a nosas lupas de investigadores, pois fanse; que hai que percorrer lugares insólitos, pois se percorren.

CAMPAMENTO DE NIGRAN 2023 COMEZA A SÚA ANDADURA

Dende o día 26 de Xuño o campamento de Nigrán 2023 comezou a súa andadura, Xogos de presentación para coñecer caras novas, monitores novos e actividades

 novas. O sol un eterno amigo do noso verán , permitiunos este xuño facer unha moreira de xogos e actividades, dende brilés, búsqueda de pista, bailes xincanas, e para rematar este mes de xuño que cousa mellor que unha festa con pistolas de auga, bombas de auga e sobre todo xogos e moita risa. Grazas Nigrán por confiar en nos un ano mais, Isto e o comezo dun gran verán.