Tecendo un mundo
“Tecendo un mundo” programa desenvolvido no CPI de Pontecesures con motivo do Día Internacional da Muller. O alumnado aportou unha tea diferente e que se uniron facendo un tapiz por aula. Con esta metáfora quíxose falar da importancia de unirse e contemplar a diversidade para defender que a igualdade de oportunidades se constrúe a través do recoñecemento da pluralidade.
Os distintos tapices estarán expostos na Casa Consistorial ata finais de mes e despois voltarán ás aulas onde se crearon.