TALLER DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS

O Taller de Estimulación Cognitiva do Concello de Caldas de Reis é unha iniciativa que contribúe a promover un envellecemento activo e saudable, mellorando a calidade de vida das persoas asistentes a través de actividades dinámicas e adaptadas ás súas necesidades. Conta cunha ampla participación polo que se organiza en catro grupos diferenciados: Estimulación Cognitiva Grupo 1, Estimulación Cognitiva Grupo 2, Memoria Viaxeira e Estimulación Cognitiva e Psicomotricidade.

Ao longo das sesións, as persoas participantes realizan unha gran variedade de actividades orientadas a manter e reforzar as súas capacidades cognitivas. Entre elas destacan os xogos mentais, as actividades escritas, así como espazos deconversa e intercambio de experiencias, nos que se comparten coñecementos e vivencias.

Ademais de traballar a memoria, a atención ou o razoamento, estes encontros convértense nun lugar de convivencia, participación activa e lecer, no que o bo ambiente é protagonista. As persoas asistentes non só exercitan a mente, senón que tamén desfrutan, socializan e pásano ben, reforzando vínculos e creando novas relacións.