VIVA O ENTROIDO DA RAMALLOSA!!
Alegría, cor e moita diversión foron os ingredientes principais neste DiverTeo de entroido. Os nenos e nenas da Ramallosa desfrutaron de tres días cheos de xogos, risas e bos momentos.
Tres días foron suficientes para formar unha gran familia entre participantes e monitoras, xa que moitos de nos non nos coñecíamos.
O primeiro día adicámolo aos xogos de presentación e aos xogos solicitados entre a rapazada, como son o “escondite”, a “ensalada de zapatos” e o “cadrado”. Pero tamén tivemos tempo de adentrarnos no entroido tradicional de Teo e explicarlle aos participantes as características dos/as Xenerais. Algunha das cousas que máis lles chamaron a atención foron os adornos dos cabalos, entre eles o espello que levan, e o gorro dos/as Xenerais.
Para rematar a xornada fixemos un xogos de “Xenerais VS. cabalos”, onde os/as que representaban aos cabalos debían escapar dos Xenerais. O martes tivemos gañas de seguir explorando o mundo dos/as Xenerais e montamos un taller de entroido para realizar cas nosas propias mans o destacado gorro destes, decorando cada un ao seu propio gusto. Ademais, para combater o frío xogamos á “araña”, aos “tres en raia por relevos” e ao “escondite”.
O último día o DiverTeo encheuse de bruxas, bombeiros, flamencas, demos, animais… e organizamos unha gran festa final cos nosos mellores disfraces. Fixemos xogos musicais como as “estatuas”, “meternos dentro do aro”e “equinas de cores”, tamén houbo moitas coreografías. Máis o día non rematou aquí, xa que tamén xogamos aos xogos que máis lle gusta á rapazada: “infinity”, “mata” e “escondite”. Sen dúbida foi unha xornada chea de diversión que nos deixou momentos inolvidables.
Despedímonos pois ata o próximo entroido cunha “viva” típica dos/as Xenerais. “Vivan os nenos e nenas da Ramallosa, que son unha cativada ben maravillosa!!”













