UN NADAL CHEO DE DIVERSIÓN, CONVIVENCIA, CREATIVIDADE E ILUSIÓN.
Nenos e nenas de entre 3 e 12 anos puideron gozar duns días divertidos e cheos de ilusión no campamento de Nadal de Pontecesures. A través de xogos, actividades deportivas e manualidades fomentamos a convivencia, o respecto e o traballo en equipo, adaptándonos sempre aos diferentes ritmos e idades.
A creatividade acompañounos durante todo este tempo, xurdindo así todo tipo de ideas, debuxos e murais relacionados con estas datas tan especiais. Tamén tivemos a sorte de recibir a Papá Noel para entregarlle os nosos desexos e divertirnos coa nosa festa de “Fin de Ano”, onde desfrutamos das badaladas de forma anticipada. Pechamos o campamento deste ano coas emocións á flor da pel, desexando que pronto nos poidamos volver a xuntar. Facer novas amizades e aprender uns dos outros é o mellor agasallo que puidemos recibir deste Nadal!

















