Obradoiro de cupcakes de Nadal en Sigüeiro
A todos gústannos os doces, e así de ben llo pasaron os e as peques de Sigüeiro decorando cupcakes
Aínda que antes de decoralos hai que facelos, claro, así que puxéronse ao choio e prepararon unha riquísima masa para enfornar uns estupendos cupcakes. Mangas pasteleiras con delicioso «frosting» de queixo crema, estreliñas de azucre, nubes ou lacasitos foron algúns dos toppings empregados por estes e estas aspirantes a chef para as súas creacións. Quedaron preciosos e, o mellor, deliciosos!!