Entradas

XA SE VEN AS VACACIÓNS!

Chega xuño a O Pino, e con el xa vemos próxima a despedida deste curso 2020/2021. O último mes de curso, temos preto as vacacións, o sol, a praia, a piscina, os campamentos de verán… pero aínda nos quedan moitas cousas por facer!

En  O Pino imos dedicar estes últimos días a facer repaso de todo o que fixemos durante o curso, o que máis nos gustou, o que menos, o que repetiriamos…. o que repetiriamos? e por que non facelo?

Leer más

Maio florido e fermoso

Empeza o mes de Maio, coñecido como o mes das flores, e con moitas flores, cores e alegría é como o imos a pasar.

Xa empezamos co día da nai, que este ano foi madrugador (como nós) e celebrouse o día 2, pero aínda temos moito que facer este mes, e é que temos por diante, nin máis nin menos, que o día das letras galegas, que este ano está dedicado a  Xela Arias.

A través de distintas actividades entretidas e divertidas, como sempre, imos tratar de coñecer un pouco mellor a esta gran escritora, poeta e tradutora galega.

Por suposto non imos esquecernos das nosas actividades favoritas, non nos van a faltar os quebracabezas, a música, os debuxos, a plastilina…

Convidámosvos a permanecer atentos ás noticias semanais para coñecer máis detalles das nosas actividades.

Madrugadorxs O Pino recibe ao mes de abril

Xa temos aquí o mes de abril, un mes alegre e cheo de posibilidades.

Imos facer un pequeno repaso ao que nos gustaría levar a cabo en  Madrugadorxs O Pino este mes, acompañádesnos? Pois imos alá!

Aproveitando que o día 22 celébrase o Día Internacional da Nai Terra, imos tentar tomar conciencia do moito que pode danar o ser humano á nosa querida Nai Terra pero tamén, ao mesmo tempo, de todo o que podemos facer para evitalo e achegar o noso granito de area para coidala e protexela.

Para iso imos facer especial fincapé na reciclaxe e en darnos conta de todas as cousas fermosas que podemos apreciar na natureza durante a primavera.

Tamén temos o  importantísimo Día Mundial do Libro, que se celebra o 23 de abril, e co que pretendemos fomentar ese hábito tan marabilloso que é a lectura. A través de contos, historias e comentarios de libros coñecidos por todos e todas, faremos todo o posible para demostrar o fantástico que pode ser ler un libro e mergullarche no mundo da imaxinación.

Con todo, non imos esquecernos de gozar cada cálido momento que nos brinde este mes de Abril coas nosas habituais actividades favoritas, como son os quebracabezas, os debuxos, a música e os pasatempos.

Convidámosvos a estar atentos ás noticias semanais para máis información.

En O Pino reciclamos e xogamos

Como sempre que nos dan vacacións, o que máis nos apetece a todas e a todos é xogar. En  Lecer Semana Santa sabémolo, e por iso este ano o xogo foi o protagonista, aínda que cunha particularidade, xogamos reciclando!

Si, si, en O Pino gústanos ser responsables co  medioambiente, así que, baixo o lema «Reciclamos e xogamos», animámonos a facer un pouco de todo, pero sempre con materiais reciclados.

Leer más

8M2021

8M, unha data para recordar a alianza das mulleres na consecucións dos dereitos propios, para visibilizar a tantas referentes que nos precederon e para reinvindicar a necesidade de segur a traballar na construción dunha sociedade igualitaria libre de condutas e prexuízos sexistas.

Así esperamos Marzo en Madrugadorxs O Pino

E aquí chega outro mes mais, no que empeza a primavera e tráenos a alegría, as flores e moitas outras cousas dignas de mencionar e celebrar. Este tamén é un mes de cor e alegría, e ao redor diso van ir orientadas as nosas actividades.

Entre outros moitos días podemos destacar algúns como estes:

  • 1 de Marzo – O primeiro día que nos atopamos é o Día da Cero Discriminación, para o cal dedicaremos a semana para entender que significa discriminación e por que debemos evitala, empregando para iso actividades adaptadas e colaborativas (sempre no posible cumprindo co protocolo Covid-19)
  • 8 de Marzo – Día Internacional da Muller. Un día moi, moi importante ao que pretendemos dedicarlle unha atención especial. Aínda en tempo de pandemia e sen reunións, pódesenos escoitar se alzamos o suficiente a voz.
  • 20 de Marzo – Día Internacional da Felicidade e inicio da Primavera. Soa ben, verdade? Pois aquí gustounos tanto que o celebramos cada día que pasa! Con todo, algo máis ocorrerállenos para ser un pouquiño máis felices, sobre todo tendo a primavera encima!

Por suposto, e como sempre,  Madrugadorxs O Pino pretende seguir sendo un recuncho onde compartir, ser creativos e pasar un intre divertido e agradable con toda a seguridade.

Entroido e amor en O Pino este Febreiro

Este ano Febreiro debe ser un mes cheo de maxia e de ilusión. É o mes do amor, o mes dos disfraces e da alegría, e por iso, a pesar de non poder celebralo como afacemos, en O Pino queremos que sexa un mes activo, divertido e inesquecible.

Por suposto, imos dedicar ao Entroido, non nos imos a esquecer del e da alegría que nos trae sempre, sobre todo agora cando máis a necesitamos.  É por iso que as nosas actividades van ir orientadas nese sentido, preparándonos antes, e revivíndoo despois a través dos relatos que cada un e cada unha poida achegar.

Leer más

Lecer Nadal en O Pino

Ola familias!

Un ano máis, terminamos o noso campamento de Nadal, Lecer Nadal. Foron uns días intensos, con moitas emocións e alegrías. Xogamos, rimos, cantamos… ata nos transformamos en animais! Grazas a todas as cousas que fixemos, temos a árbore de Nadal rebosante de adornos. E é que temos desde un bastón de caramelo ata un Papa Noel de cartón ou unhas coroas que nos fixeron vestir a maxia do Nadal.

Aprendemos o que significan as 12 uvas e celebramos eses días especiais cos nosos amigos, ademais de facelo coa familia.

Máis dun día volvemos a casa coa cara e os brazos decorados despois de rirnos unha chea con esas orixinais transformacións, e é que calquera momento é bo para rir e gozar!

Como todo o bo chega ao seu fin, este ano terminóullenos, pero esperamos volver vernos o ano que vén.

Feliz Ano a todxs!